Novas
Prorrogado ata o 30 de xuño o prazo para solicitar financiamento de circulante ao amparo do re-Solve PDF
Economía e Industria prorroga ata o 30 de xuño de 2010 o prazo de presentación de solicitudes no marco de plan re-Solve para manter o apoio ao financiamento de circulante para autónomos, microempresas e pemes. O consello de dirección do Igape, que preside Javier Guerra, estimou que este instrumento é fundamental para impulsar a reactivación do tecido produtivo galego. O Instituto recibiu ata o momento case 900 solicitudes de financiamento ao amparo do plan de garantías que inclúe os programas re-Solve e re-Brote, para mobilizar financiamento por importe de 131 millóns de euros.
 
Última actualización ( 03/02/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria financia a liña específica para axilizar os cobros das pemes produtoras de uva PDF
Este mecanismo financeiro habilitado mediante convenio do Igape coas entidades financeiras, facilítalles ás pemes produtoras de uva, directamente ou a través das súas asociacións, o financiamento da venda das súas produccións. A liña de financiamento poderá axilizar o pagamento de operacións de compra de uva por un importe global máximo de 15 millóns de euros. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o próximo 15 de abril.
 
Última actualización ( 13/01/2010 )
Ler máis...
 
O Igape concedeu 15,5 millóns de euros no marco do plan re-Móvete, que xa aprobou 22.203 solicitudes PDF
Dunha caída das matriculacións dun 27% nos primeiros cinco meses deste ano sobre 2008, pasouse a unha recuperación que se confirmou nos meses seguintes. O incremento de vendas durante o pasado mes de novembro foi do 53,2%. As axudas do re-Movete facilitáronlle as empresas do sector unha facturación que supera os 365 millóns de euros.
 
Última actualización ( 18/12/2009 )
Ler máis...
 
Guerra destaca o compromiso da Xunta para asentar a confianza entre entidades financeiras e empresas PDF
Durante a inauguración da XVI Feira dos Autónomos de Galicia, o titular de Economía e Industria, Javier Guerra,  destacou a importancia dos programas re-Solve e re-Brote, nos que a administración, a través do Igape, comparte riscos cos empresarios e as entidades. O conselleiro revelou que o portal do Servicio de Atención ao Autónomo recibe unhas 2.000 visitas mensuais e que máis de 2.400 autónomos e empresarios participaron nos seminarios de mellora empresarial impartidos por BIC Galicia no que vai de ano.
 
Última actualización ( 04/12/2009 )
Ler máis...
 
A creación dun centro de interpretación paleontolóxica en As Pontes, premio de creatividade aplicada PDF
A iniciativa do biólogo Carlos Brezmes aposta pola creación dun centro onde se partiría de mostrar os fósiles recuperados na mina de As Pontes para explicar como se desenvolveu a vida da zona en épocas pasadas, a través de distintas salas que reconstruirían a fauna e a flora existentes na contorna.
 
Ler máis...
 
O Igape leva os programas para financiamento das empresas á Feira dos Autónomos de Galicia PDF
Directivos e técnicos do Igape informarán en detalle sobre programas como o re-Solve, destinado a facilitar o financiamento de circulante para o colectivo dos autónomos de Galicia. O encontro informativo desenvolverase o próximo venres, día 4, ás 13 horas, no auditorio de Expocoruña.
 
Última actualización ( 04/12/2009 )
Ler máis...
 
Garantías por importe de 14,24 millóns de € para apoiar a empresas do naval, textil ou carpinteiría PDF
A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, apoia con garantías que suman 3,44 millóns de euros a tres empresas especializadas en carpintería metálica e tradicional, afectadas en xeral pola súa dependencia do sector da construción. A través do Instituto, que concede un aval por importe de 5 millóns de euros, a Xunta respalda igualmente a construción dun barco para Noruega polo estaleiro MetalShips&Docks. Un aval por importe de 5,8 millóns de euros contribúe a desenvolver o plan de viabilidade de Montoto ao refinanciar a longo prazo débedas da empresa téxtil.
 
Ler máis...
 
Economía e Industria impulsa a continuidade de Montoto mediante un aval de 5,8 millóns de euros PDF
A operación aprobada polo consello de dirección do Igape permite refinanciar a 11 anos, e con 4 de carancia, a totalidade da débeda que estaba garantida polo Instituto. A medida, unida a recente concesión por Xesgalicia dun préstamo participativo, senta as bases para clarexar o futuro da firma textil. Cos apoios aprobados pola consellería que dirixe Javier Guerra danse pasos significativos para completar  o desenvolvemento do plan de viabilidade.
 
Última actualización ( 20/11/2009 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 49 - 60 de 121
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design