Novas
O Instituto financia investimentos de emprendedores e pemes que se internacionalizan da man do ICO PDF
ImageOs préstamos bonificados nas catro liñas previstas poden chegar a cubrir ata o 90% dos investimentos en activos produtivos dos proxectos impulsados por emprendedores. As operacións contarán cun de prazo ata 7 anos e melloran as condicións vantaxosas do ICO cunha bonificación xeral de xuros do 0,65%, ou do 0,90% se a operación está avalada por unha sociedade de garantía recíproca.
  
Última actualización ( 29/05/2007 )
Ler máis...
 
Novas liñas de financiamento para microempresas, emprendedores e mellora da competitividade PDF
O Instituto habilitará novas liñas de préstamos por importe de ata 40 millóns de euros, avalados nun 80% polas SGR galegas, para facilitar o financiamento de proxectos de microempresas, emprendedores e pemes que aposten por mellorar a súa competitividade. Será a través do convenio que ven de autorizar o Consello da Xunta e que será asinado en próximas datas.
Última actualización ( 29/05/2007 )
Ler máis...
 
Fernández Antonio presenta unha nova sociedade de investimento para apoiar proxectos estratéxicos PDF
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Consello Reitor da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento explicou que o obxectivo desta sociedade é captar e promover proxectos empresariais de alto valor engadido. Manuel Jove Capellán, responsable da área de novos negocios e emprendedores, presentou ao Consello a proposta de creación do fondo no que participarán empresarios, inversores e entidades financeiras. A nova sociedade contará cunha achega inicial de 100 millóns de euros.
Última actualización ( 11/06/2007 )
Ler máis...
 
O Ministerio de Industria concede 46 millóns para apoiar 48 proxectos empresariais en Ferrolterra PDF
Os investimentos apoiados, avaliados conxuntamente co Igape, suman más de 108 millóns de euros. O director do Instituto, José Antonio Delgado Arce, salientou que a colaboración entre administracións e as forzas sociais creou un clima favorable para os investimentos empresariais.
Última actualización ( 12/06/2007 )
Ler máis...
 
Fernández Antonio anuncia un investimento de preto de 50 millóns de euros en Ferrolterra PDF
ImageO conselleiro de Economía e presidente do Igape subliñou que o investimento previsto pola firma galega Recover  é de preto de  50 millóns de euros cunha creación de emprego directo de 26 postos de traballo. Fernández Antonio situou en 5,2 millóns de euros o apoio aprobado polo consello de dirección do Igape e sinalou que a iniciativa se enmarca no impulso aos proxectos de investimento na comarca de Ferrolterra.
 
Última actualización ( 28/05/2007 )
Ler máis...
 
Convocadas axudas a emprendedores, investimento tecnolóxico, competitividade e internacionalización PDF
O Igape vén de convocar axudas para emprendedores, investimento tecnolóxico, competitividade, cooperación e internacionalización. Estes apoios, publicados en réxime de concorrencia competitiva e con diferentes prazos de presentación de solicitudes, súmanse aos xa vixentes para apoiar a creación de novos emprazamentos empresariais con investimentos a partir de 600.000€ e ampliacións a partir de 3 millóns de euros. Entre outras axudas, o instituto convoca agora subvencións a fondo perdido a emprendedores que impulsen proxectos con investimentos a partir de 50.000 euros.
Última actualización ( 15/05/2007 )
Ler máis...
 
A Xunta apoiará a implantación do proxecto de biomasa que Abengoa vai desenvolver en Galicia PDF

ImageO titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, expresou o apoio da Xunta á implantación dunha nova iniciativa que o grupo Abengoa prevé desenvolver en Galicia. Foi durante o encontro que mantivo con Felipe Benjumea, responsable do grupo, quen lle presentou este proxecto. O grupo prevé implantar en Curtis e en Sogama un sistema pioneiro que constitúe a primeira planta no mundo de produción combinada de enerxía eléctrica e biocarburante. A iniciativa, na que participará Xesgalicia, contará cun investimento próximo aos 100 millóns de euros e suporá a creación de entre 18 e 35 empregos directos e entre 145 e 280 indirectos.

Última actualización ( 28/05/2007 )
Ler máis...
 
Galicia busca investimentos no sector alimentario de Canadá PDF
ImageA través do seu Centro de Promoción de Negocios en Nova York, o Igape acaba de participar na feira do sector alimentario máis importante de Canadá, a SIAL 2007, co obxectivo de intentar atraer investimentos cara a Galicia.
 
Última actualización ( 24/05/2007 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 85 - 96 de 109
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design