|
O Igape e a DDI integran deseño e a innovación como estratexia de competitividade nas pemes galegas |
|
|
A iniciativa, amparada polo Feder Tecnolóxico comunitario, dispón dun orzamento de 1,7 millóns de euros para 2009 e 2010. O denominado Programa adñ incluirá itinerarios cara o deseño e a innovación que consistirán en intervencións directas para concienciar ás empresas participantes e ofrecerlles accións prácticas que poden incluir desde diagnósticos de situación ata o deseño dun produto innovado.
|
|
Última actualización ( 10/06/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape estará en "Vinis Terrae" e na Semana Verde para informar dos seus apoios aos empresarios |
|
|
O Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria procura deste xeito avanzar na proximidade e na difusión das súas posibilidades de axuda a empresarios, emprendedores e profesionais. A presenza en Vinis terrae será o 8 e o 9 de xuño, e na Semana Verde de Galicia, do 11 ao 14 deste mesmo mes.
|
|
Última actualización ( 10/06/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Hospedaxes logra que as empresas facturen máis achegando servizos de valor a través de Internet |
|
|
Procurar que as empresas sexan capaces de facturar máis. Así de sinxelo e ambicioso é o reto que se marca Hospedaxes, a empresa que dirixe o emprendedor Iván Fociños, constituída como sociedad limitada nueva empresa (SLNE) mediante o servizo de tramitación para a constitución telemática de sociedades que achega o Igape a través das súas diferentes oficinas territoriais.
|
|
Última actualización ( 01/06/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Promover a competitividade en Ferrolterra é o obxectivo dos premios á creatividade aplicada |
|
|
As iniciativas de creatividade amparadas neste marco deberán incidir dentro do Plan de desenvolvemento integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, sen que iso exclúa que, no momento da súa aplicación práctica, poidan beneficiar tamén a outros territorios. O prazo para a presentación de iniciativas rematará o próximo día 11 de maio.
|
|
Última actualización ( 12/05/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape promove o asentamento de modelos empresariais innovadores ao abeiro do Progama Innoempresa |
|
|
Promover a implantación e consolidación de novos modelos empresariais innovadores, que incidan na mellora das diferentes áreas da empresa, e o obxectivo da convocatoria de axudas publicada polo Igape no marco do Programa Innoempresa. A liña de apoio está destinada a proxectos presentados por Pemes ou por organismos intermedios que impulsen iniciativas destinadas á prestación de servizos de carácter innovador a un conxunto definido de empresas de pequena ou mediana dimensión.
|
|
Última actualización ( 20/01/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Convocadas as axudas para as empresas galegas que desexen financiar a súa expansión a través do MAB |
|
|
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de convocar as axudas para facilitar a analise empresarial das sociedades galegas cara ao seu acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB). O obxectivo desta liña de axudas, que se convoca en réxime de concurrencia competitiva, e facilitar a expansión das empresas galegas que así o desexen a través do MAB. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 6 do próximo mes de maio. |
|
Última actualización ( 05/05/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Convocados os premios para promover a competitividade en Ferrol a través da creatividade aplicada |
|
|
Impulsar a mellora da competitividade empresarial nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a partir da creatividade aplicada á innovación dos procesos e produtos é o obxectivo principal dos premios ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de convocar na súa II edición. Segundo as bases publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia, o prazo de presentación de iniciativas, de 45 días naturais, remata o día 11 de maio.
|
|
Última actualización ( 30/04/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Axudas para proxectos de investimento tecnolóxico, de mellora da competitividade e de cooperación |
|
|
O próximo 1 de abril remata o prazo para a presentación de proxectos de investimento para innovación ou mellora tecnológica das pemes, ao abeiro da liña convocada polo Igape, en réxime de concurrencia competitiva, segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 13 de febreiro. A presentación de proxectos ó amparo da convocatoria de axudas para proxectos orientados a mellorar a organización das pemes galegas mediante a consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando remata tamén o próximo 1 de abril.
|
|
Última actualización ( 31/03/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 73 - 84 de 121 |