Novas
Os novos empresarios innovadores poderán dispor de préstamos participativos para os seus proxectos PDF
Segundo anunciou o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o novo fondo de capital risco, denominado Xes-Innova Xove, estará dotado con 2 millóns de euros e completará un amplo abano de servizos e medidas destinadas a promover a aparición de novas iniciativas empresariais e a consolidación e desenvolvemento das empresas que están comezando a súa traxectoria. Na súa participación no Día do Emprendedor de Galicia, que reuniu en Santiago a máis de 2.000 persoas, Guerra quixo deixar clara a decidida aposta do actual Goberno galego a favor da cultura emprendedora como “fonte xeradora de riqueza e emprego, fomentando o desenvolvemento tecnolóxico, a transmisión de coñecementos e o intercambio de experiencias”.
 
Última actualización ( 17/06/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria impulsa o Día do Emprendedor para converter os proxectos en éxitos empresariais PDF
A V edición do grande encontro do emprendedurismo estará organizada pola Consellería que dirixe Javier Guerra a través do Igape e BIC Galicia, en colaboración co Mityc, e desenvolverase en Santiago de Compostela o 16 de xuño. A cita converterase nunha comunidade empresarial onde atopar apoio para as novas iniciativas emprendedoras ou para impulsar a consolidación ou a internacionalización de novas empresas. Por primeira vez, acolle o programa “Iniciador Galicia” onde os emprendedores poderán expoñer as súas ideas para procurar que un posible investidor se interese por elas.
 
Última actualización ( 25/05/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria incrementa nun 25% os apoios para novos emprendedores co plan Re-emprende PDF
Javier Guerra salienta que as novas bases apostan polo pre financiamento de proxectos ao contemplar a concesión de anticipos do 50% das axudas concedidas sen requirir garantías. Tamén serán financiables neste novo marco os investimentos en proxectos de consolidación ou maduración temperá de pemes de menos dun ano. O Igape dispón en 2010 dunha partida orzamentaria de 3 millóns de euros para conceder subvencións ao abeiro desta liña.
 
Última actualización ( 08/04/2010 )
Ler máis...
 
Economía especializa axentes de desenvolvemento local para garantir mellor atención aos autónomos PDF
A Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local, dependente do Igape, imparte as xornadas de formación aos integrantes da rede. Comezarán a desenvolverse o próximo día 25 en Vimianzo e rematarán, o día 14 de decembro, en Ourense. A formación continua dos técnicos de promoción económica é un dos obxectivos da Unidade de Promoción e Desenvolvemento Coordina Local.
 
Ler máis...
 
UPD Coordina Local forma a 500 técnicos de emprego de toda Galicia para asesorar aos emprendedores PDF
A Unidade de Promoción e Desenvolvemento dependente do IGAPE presta apoio e formación á rede de técnicos de emprego e axentes de desenvolvemento Local para que asesoren aos emprendedores na elaboración do seu plan de negocio. A presentación dun plan económico financeiro é fundamental para acceder a axudas públicas e ten importancia capital para a consolidación das novas iniciativas empresariais. O curso desenvólvese cunha metodoloxía mixta que compaxina parte presencial e online, contando co apoio do campus virtual de BIC Galicia.
 
Última actualización ( 23/11/2009 )
Ler máis...
 
Economía e Industria apoia o proxecto Navuxil, que integra a atención a nenos, mozos e maiores PDF
O investimento, cifrado en 1,4 millóns de euros, crea 25 postos de traballo e foi apoiado polo Instituto Galego de Promoción Económica. O obxectivo dos impulsores é facilitar as relacións entre diferentes xeneracións favorecendo sinerxias entre as tres actividades para procurar mellores e maiores efectos pedagóxicos e terapéuticos en cada un dos colectivos. A través do Igape, Xesgalicia e BIC Galicia a Consellería que dirixe Javier Guerra dispón dun amplo e variado abano de servizos e apoios para favorecer o emprendemento.
 
Última actualización ( 19/09/2009 )
Ler máis...
 
BIC Galicia achegou a 5.500 persoas asesoramento sobre emprendemento e consolidación empresarial PDF
Durante o primeiro semestre de 2009 tiveron especial relevancia as actividades orientadas á consolidación e mellora competitiva de iniciativas empresariais de recente creación, e a facilitar a saída ao mercado de novos proxectos. Para o que resta de ano, esta sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria ten programadas outras 240 accións de formación e asesoramento a emprendedores e empresas.
 
Ler máis...
 
O plan re-imaXina mobilizará 15 millóns de euros en préstamos para investimentos de microempresas PDF
A consellería de Economía e Industria, a través do Igape, busca deste xeito facilitar o acceso ao crédito aos emprendedores para que podan impulsar novos investimentos. Os préstamos contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca que cubrirá o 80% do importe e as entidades financeiras non poderán requirir garantías adicionais. Os xuros efectivos para os beneficiarios, que serán fixos para microempresas e referenciados ao euríbor nas liñas para novas pemes e pemes competitivas, estarán arredor do 3%.
 
Última actualización ( 22/08/2009 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 12 de 51
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design