Novas
Álvarez-Blázquez considera fundamental a creación e a extensión de novos perfís profesionais PDF
O Igape considera fundamental apoiar a especialización laboral e a creación ou ampliación de perfís profesionais en parcelas de actividade empresarial onde se detecten necesidades non satisfeitas, polo momento, a través do sistema educativo convencional. Así o manifestou o director xeral do Instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda durante o acto de entrega de diplomas aos participantes no curso de especialización en deseño industrial promovido por Asime.
 
Última actualización ( 09/10/2007 )
Ler máis...
 
Fernández Antonio anuncia a elaboración dun plan de mellora da competitividade cos axentes sociais PDF
ImageO conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, explicou ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia os obxectivos dos orzamentos do próximo ano nos que se priorizarán os políticas de mellora da competitividade da economía galega. Entre as liñas de traballo figura o incremento e mellora das infraestruturas, a aposta pola formación do capital humano, e o impulso da sociedade do coñecemento.
 
Última actualización ( 09/10/2007 )
Ler máis...
 
O Igape apoiará con 5,5 millóns de euros proxectos empresariais de investimento tecnolóxico PDF
As subvencións a fondo perdido, en réxime de concorrencia competitiva, poden cubrir ata o 25% dos importes apoiables. O próximo 31 de xullo remata o prazo para a presentación de iniciativas. O instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda tamén subvenciona con 1,2 millóns de euros proxectos ambientais de eliminación, valoración ou reciclaxe de residuos.
Última actualización ( 31/07/2007 )
Ler máis...
 
A presentación de proxectos ao abeiro do programa Innoempresa está aberta ata o próximo día 16 PDF
O Programa promoverá o desenvolvemento de iniciativas orientadas a impulsar a innovación e a competitividade das pemes galegas nos ámbitos tecnolóxico, organizativo ou de xestión empresarial. O prazo para a presentación de solicitudes, que se resolverán por concorrencia competitiva, rematará o vindeiro 16 de xullo.
Última actualización ( 20/07/2007 )
Ler máis...
 
AJE Marineda presenta a súa nova plataforma web, desenvolvida co apoio do Igape a través do PCCP PDF
A Asociación de Xóvenes Empresarios Marineda vén de presentar a súa nova plataforma web que facilitará a presencia en internet de todas as empresas asociadas. O director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce, estivo presente no acto que se celebrou no ITE- Caixa Galicia.
 
Última actualización ( 04/07/2007 )
Ler máis...
 
Braga acollerá un cumio galego-portugués de empresas TIC para promover negocios e alianzas PDF
O obxectivo é propiciar acordos ou iniciativas de cooperación comercial ou tecnolóxica entre as 75  empresas participantes. Participarán empresas especializadas en seguridade, eficiencia enerxética, domótica e a electrónica. O encontro forma parte do proxecto Transtic, coordinado pola sociedade do Igape BIC Galicia no marco da Iniciativa Comunitaria Interreg IIIA.
Última actualización ( 12/07/2007 )
Ler máis...
 
Innoempresa dispón de 4,55 millóns para apoiar a innovación tecnolóxica e organizativa das pemes PDF

O programa apoiará o desenvolvemento de iniciativas de carácter colectivo ou individual orientadas a impulsar a innovación e a competitividade das pemes galegas nos ámbitos tecnolóxico, organizativo ou de xestión empresarial. O prazo para a presentación de solicitudes, que se resolverán por concorrencia competitiva, rematará o vindeiro 16 de xullo

Última actualización ( 11/06/2007 )
Ler máis...
 
Plan de excelencia hostaleira para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal PDF
ImageA iniciativa constitúe unha primeira aposta polo desenvolvemento do sector turístico de Ferrolterra, considerado prioritario no Proxecto integral de desenvolvemento das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. O Plan de excelencia hostaleira apoiado polo Igape parte da metodoloxía desenvolvida baixo a coordinación do profesor Varela Mallou, director da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da USC. EHO5-s é un sistema de normas e indicadores prácticos para que os establecementos hostaleiros incrementen a calidade do servizo e a satisfacción dos clientes.
 
Última actualización ( 11/06/2007 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 109 - 120 de 129
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design