Novas
O Igape recibe a unha delegación turca interesada no modelo galego de promoción empresarial PDF
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, recibiu á delegación da axencia de desenvolvemento turca AHILER e sinalou que os encontros destes días poderán servir para intensificar as relacións comerciais entre Galicia e Turquía. A delegación turca tamén se reunirá con responsables de XesGalicia e BIC Galicia, do Inega, do CIS Madeira ou da Tecnópole.
 
Última actualización ( 17/01/2012 )
Ler máis...
 
A Consellería de Economía e Industria promove a colaboración estable entre todos os clusters galegos PDF
O director xeral do Igape, Javier Aguilera, participou nun encontro cos directivos de 15 agrupamentos empresariais e anunciou que o Instituto focalizará apoios cara á cobertura das necesidades que lles son comúns. O obxectivo e conseguir que os clusters e as agrupacións sectoriais poidan converterse en “verdadeiras pancas dun desenvolvemento económico sostido para Galicia”.
 
Última actualización ( 11/11/2011 )
Ler máis...
 
Guimarães acolleu un novo encontro do grupo de traballo do Proxecto ATClusters, que lidera o Igape PDF
Oito clusters das rexións que participan neste proxecto europeo estiveron representados nas reunións. Tres de eles eran galegos, e representaban aos sectores cárnico, acuícula e o de industrias creativas. Seguindo coa filosofía da Conferencia Transnacional celebrada en Santiago no pasado mes de marzo, desenvolvéronse, en paralelo á sesión do grupo de traballo, estes encontros entre clusters empresariais.
 
Última actualización ( 06/10/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria incrementa nun 30% as axudas á competitividade a través de proxectos colectivos PDF
O orzamento destinado a incentivar as melloras competitivas mediante a cooperación supera os 3 millóns de euros na convocatoria de 2010  e os beneficiarios poderán cobrar anticipos do 50% sen achegar garantías. Unha das liñas previstas nestas bases facilitará a cualificación de persoal das pemes galegas mediante programas de inmersión en empresas ou centros tecnolóxicos foráneos.
 
Ler máis...
 
Javier Guerra e José Ayala reforzan a colaboración de Igape e ICO para apoiar ás empresas galegas PDF
O conselleiro de Economía e Industria destacou que a colaboración Igape-Ico fixo posible que máis de 500 empresas obtivesen nos últimos quince meses préstamos con xuros preferentes  por importe de máis de 72 millóns de euros. O encontro entre Guerra e Ayala permitiu afondar no establecemento de mecanismos de coordinación para activar iniciativas de apoio ao financiamento, a mellora da competitividade e a internacionalización do tecido empresarial galego.
 
Ler máis...
 
Economía e Industria impulsa proxectos colaborativos para a competitividade e a internacionalización PDF
Destina 500.000 euros a subvencionar, a través do Igape e mediante convocatoria en réxime de concurrencia competitiva, a realización de encontros e eventos destinados á difusión de técnicas, metodologías e boas prácticas no eido da innovación destinada a favorecer a mellora competitiva. A través do Instituto, apoiará tamén o desenvolvemento de encontros entre emprendedores e investidores privados ou business angels, así como a realización en Galicia de congresos ou eventos expositivos de carácter internacional.
 
Última actualización ( 17/07/2009 )
Ler máis...
 
O Igape lidera o proxecto europeo de cooperación trasnacional “AT-Clusters” PDF
O Igape lidera o proxecto europeo de cooperación trasnacional “AT-Clusters”, que integra a socios de Irlanda, Portugal, Francia, Asturias e Cantabria, ademais de Galicia. A iniciativa explorará as posibilidades de cooperación entre os clusters asentados ou en vías de creación no Espazo Atlántico, e procurará interconectalos para facilitar o seu desenvolvemento  a nivel europeo e internacional. O proxecto, que botou a andar hoxe en Santiago, ten como obxectivo favorecer o dinamismo e o intercambio de boas prácticas entre os clusters.
 
Última actualización ( 23/04/2009 )
Ler máis...
 
Asfhorgal reducirá o custo e manterá a calidade do formigón cun sistema intelixente na producción PDF
O proxecto ven de presentarse no I Foro de Innovación de Asfhorgal, no marco dunha iniciativa cofinanciada polo Igape que pretende propiciar o encontro entre xestores e técnicos especialistas e estimular a cooperación. Santiago Sesto, xerente de Asfhorgal, asegura que “supón unha importante oportunidade de mellorar o proceso de calidade sectorial de xeito cooperativo”.
 
Última actualización ( 25/03/2009 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 12 de 23
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design