Novas
A Xunta fai balance do Plan Ferrol, que apoiou investimentos por máis de 155 millóns de € en 2011 PDF
O Conselleiro de Economía e Industria destaca que “o Plan Ferrol arrincará en 2012 cunha nova etapa, despois de dous anos nos que se cumpriron os obxectivos”. Javier Guerra resalta que en 2011 se aprobaron máis de 300 proxectos, o que supón que foran concedidos 67 millóns de euros en axudas. O conselleiro sinala que os investimentos mobilizados neste exercicio, ao abeiro do Plan Ferrol, xeraron máis de 350 empregos industriais, e lembra que a ampliación da vixencia do Plan dous anos máis até 2013, mostra o compromiso do Goberno da Xunta co desenvolvemento de Ferrol, Eume e Ortegal.
 
Ler máis...
 
Economía e Industria priorizará os apoios aos proxectos empresariais que incorporen innovación PDF
O director do Igape, Javier Aguilera salientou hoxe na Tecnópole o privilexiado marco de apoio existente para dinamizar a actividade empresarial en Ourense, ao abeiro do Plan Impulsa. O director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, expuxo as liñas principais das axudas a proxectos empresariais de I+D de alto impacto ao amparo do programa FEDER-Innterconecta Galicia, “que multiplicará por sete cada euro destinado pola Xunta”.
 
Ler máis...
 
Joaquín Varela visita en Inglaterra as instalacións do grupo que prevé fabricar o Xero en Ourense PDF
O director do Igape encabezou a delegación da Xunta de Galicia que visitou, en Devon, as instalacións de Xero Technology LTD para coñecer polo miúdo o grupo promotor do investimento que se implantará en Ourense. A Xunta de Galicia xa comprometeu apoios públicos por case 11 millóns de euros para financiar a planta de fabricación do coche eléctrico Xero no que a compañía británica Xero Technology prevé investir 26 millóns de euros e crear ata 1.030 novos empregos en 2015.
 
Última actualización ( 12/04/2011 )
Ler máis...
 
O Igape destina 58,5 millones de € a financiar investimentos e iniciativas de mellora competitiva PDF
O Conselleiro de Economía e Industria e presidente do Igape, Javier Guerra, destacou que “a Xunta mantén o seu compromiso de apoio aos novos investimentos e a mellora da competitividade, na procura de consolidar o crecemento do tecido produtivo e da economía de Galicia”. O programa de préstamos directos do Igape para 2011 está destinado a financiar tanto novos proxectos empresariais como ao financiamento de actuacións de ampliación ou modernización de instalacións xa existentes. O programa Innoempresa está orientado a dar pulo á “vontade de crecemento e capacidade de innovación das empresas”, salientou Guerra.
 
Última actualización ( 26/04/2011 )
Ler máis...
 
Javier Guerra apunta ao MAB como unha alternativa interesante para o crecemento das empresas galegas PDF
O conselleiro de Economía e Industria participou hoxe unha xornada sobre o Mercado Alternativo Bolsista, que consideró como unha alternativa interesante para o crecemento das empresas galegas. O Igape ten habilitado un programa pioneiro de axudas para facilitar a análise das empresas galegas que desexan avaliar as súas posibilidades de acceso a este Mercado. A Xunta ofrece además bonificacións fiscais que permiten deducións do 20% das cotas investidas en accións vía MAB, na asignación autonómica do IRPF.
 
Ler máis...
 
Javier Guerra destaca a reactivación dos investimentos empresariais en Galicia, que medraron un 43% PDF
O conselleiro de Economía e Industria presentou o balance do plan re-Forza 2010 e salientou o incremento dos proxectos aprobados para Lugo e Ourense, con investimentos que medraron nun 822% grazas aos plans Impulsa. As 1.500 operacións de garantías aprobadas permitiron o mantemento de 16.000 empregos nas empresas beneficiadas. A axilización de procedementos permitiu que o prazo de resolución de expedientes se reducise practicamente á metade no último ano, e o de pagamento das solicitudes de cobro nun 65%.
 
Última actualización ( 01/02/2011 )
Ler máis...
 
Economía e industria mobilizará 10 millóns en préstamos para financiar producións audiovisuais PDF
As bases especificas publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia están dotadas cun orzamento de 825.000 euros para subsidiar en 4 puntos porcentuais os préstamos concedidos neste marco de apoio. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá ata o 30 de xuño de 201. O Igape compensará ademais outros custos financeiros ás entidades financeiras colaboradoras para facilitar o financiamento ás empresas.
 
Última actualización ( 10/12/2010 )
Ler máis...
 
Economía e Industria activa o fondo Xes-Innova para apoiar proxectos emprendedores innovadores PDF
Cun capital de 1,65 millóns de euros, ampliable, ten como finalidade conceder préstamos participativos e/ou subscribir participacións en capital risco por contías comprendidas entre 60.000 e 200.000 euros. O novo fondo apoiará investimentos preferentemente asociados á innovación e ás novas tecnoloxías en ámbitos como as telecomunicacións, a biotecnoloxía, as enerxías renovables ou o medio ambiente. Súmase a programas como o re-Emprende e o re-Imaxina “para procurar que ningunha idea viable e innovadora quede sen converterse en empresa por falta do financiamento axeitado”, explicou Javier Guerra.
 
Última actualización ( 05/10/2010 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 12 de 109
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design