|
Economía especializa axentes de desenvolvemento local para garantir mellor atención aos autónomos |
|
|
A Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local, dependente do Igape, imparte as xornadas de formación aos integrantes da rede. Comezarán a desenvolverse o próximo día 25 en Vimianzo e rematarán, o día 14 de decembro, en Ourense. A formación continua dos técnicos de promoción económica é un dos obxectivos da Unidade de Promoción e Desenvolvemento Coordina Local.
|
|
Ler máis...
|
|
|
UPD Coordina Local forma a 500 técnicos de emprego de toda Galicia para asesorar aos emprendedores |
|
|
A Unidade de Promoción e Desenvolvemento dependente do IGAPE presta apoio e formación á rede de técnicos de emprego e axentes de desenvolvemento Local para que asesoren aos emprendedores na elaboración do seu plan de negocio. A presentación dun plan económico financeiro é fundamental para acceder a axudas públicas e ten importancia capital para a consolidación das novas iniciativas empresariais. O curso desenvólvese cunha metodoloxía mixta que compaxina parte presencial e online, contando co apoio do campus virtual de BIC Galicia.
|
|
Última actualización ( 23/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Economía e Industria apoia o proxecto Navuxil, que integra a atención a nenos, mozos e maiores |
|
|
O investimento, cifrado en 1,4 millóns de euros, crea 25 postos de traballo e foi apoiado polo Instituto Galego de Promoción Económica. O obxectivo dos impulsores é facilitar as relacións entre diferentes xeneracións favorecendo sinerxias entre as tres actividades para procurar mellores e maiores efectos pedagóxicos e terapéuticos en cada un dos colectivos. A través do Igape, Xesgalicia e BIC Galicia a Consellería que dirixe Javier Guerra dispón dun amplo e variado abano de servizos e apoios para favorecer o emprendemento.
|
|
Última actualización ( 19/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
BIC Galicia achegou a 5.500 persoas asesoramento sobre emprendemento e consolidación empresarial |
|
|
Durante o primeiro semestre de 2009 tiveron especial relevancia as actividades orientadas á consolidación e mellora competitiva de iniciativas empresariais de recente creación, e a facilitar a saída ao mercado de novos proxectos. Para o que resta de ano, esta sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria ten programadas outras 240 accións de formación e asesoramento a emprendedores e empresas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
O plan re-imaXina mobilizará 15 millóns de euros en préstamos para investimentos de microempresas |
|
|
A consellería de Economía e Industria, a través do Igape, busca deste xeito facilitar o acceso ao crédito aos emprendedores para que podan impulsar novos investimentos. Os préstamos contarán co aval dunha sociedade de garantía recíproca que cubrirá o 80% do importe e as entidades financeiras non poderán requirir garantías adicionais. Os xuros efectivos para os beneficiarios, que serán fixos para microempresas e referenciados ao euríbor nas liñas para novas pemes e pemes competitivas, estarán arredor do 3%.
|
|
Última actualización ( 22/08/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Os expertos coinciden en que a crise pode ser un momento de oportunidades para os emprendedores |
|
|
Máis de 2.000 persoas con espírito empresarial participaron hoxe no IV Día do Emprendedor, que se desenvolveu en Santiago de Compostela. Durante a súa intervención na sesión plenaria, o conselleiro de Economía e Industria e presidente di Igape, Javier Guerra, destacou a vontade do seu departamento para apoiar boas ideas e bos equipos.
|
|
Última actualización ( 19/05/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O IV Día do Emprendedor de Galicia achegará as claves para o financiamento dun proxecto empresarial |
|
|
Expertos de entidades financeiras e de sociedades de garantía recíproca analizarán todas as alternativas existentes para que os impulsores de iniciativas empresariais podan facerlle fronte á falta de capital. Os autónomos e os empresarios novos terán tamén o seu espazo no encontro, coa participación de diversas organizacións representativas.
|
|
Última actualización ( 18/05/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Emprendedores destacados compatirán as súas experiencias no IV Día do Emprendedor de Galicia |
|
|
Promotores de novas empresas instaladas nos viveiros das cámaras de Comercio de Vigo, Ourense e Ferrol participarán no obradoiro Viveiros de empresa: unha visión realista, no marco do IV Día do Emprendedor, que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo 19 de maio.
|
|
Última actualización ( 15/05/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 25 - 36 de 71 |