|
Máis de 300 empresas participarán no Encontro internacional de Empresarios Galegos en Rede |
|
|
O evento anunciado na primavera pasada en Uruguai polo conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, desenvolverase entre o 21 e o 25 de xaneiro no Pazo de Congresos de Santiago, organizado polo Igape. Ten como obxectivos facilitar a cooperación entre os empresarios galegos, promover a identificación e posta en marcha de novos proxectos e impulsar a Rede virtual de empresarios e profesionais de orixe galega. Participarán as Asociacións de empresarios galegos de Arxentina, Brasil, México, Uruguai, Venezuela, República Dominicana, Portugal, Cataluña e Madrid.
|
|
Última actualización ( 25/01/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
BIC Galicia transfire ferramentas para emprendedores a entidades de México, Venezuela e Colombia |
|
|
É unha achega que canaliza a través de iniciativas de cooperación de carácter internacional impulsadas pola Comisión Europea e pola Axencia Española de Cooperación Internacional. A colaboración articulase mediante a cesión e adaptación ás diferentes realidades latinoamericanas das ferramentas e metodoloxías que ten esta sociedade do Igape, para o apoio ao emprendemento e á consolidación de empresas.
|
|
Última actualización ( 17/03/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Encontro de Empresarios Galegos en Rede fomentará oportunidades de negocio e internacionalización |
|
|
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernandez Antonio, presentou en Santiago o foro que reunirá a máis de 200 empresarios de orixe galega. A iniciativa enmárcase na estratexia de impulso á internacionalización da economía galega e o fomento da captación de investimentos. O programa do Encontro, promovido e organizado polo Instituto, inclúe roldas de negocios, relatorios especializados, paneis sectoriais e visitas a empresas.
|
|
Última actualización ( 25/01/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
BIC Galicia promove xornadas Transtic en Vigo e Ourense para consolidar redes de cooperación de EBT |
|
|
Celebranse o día 22 de novembro en Vigo e o día 23 en Ourense, contando coa participación de expertos en empresas de base tecnolóxica e directivos de sociedades galegas do sector das TIC. O proxecto desenvólvese no marco do programa Interreg IIIA, que se ocupa de favorecer a cooperación transnacional.
|
|
Última actualización ( 23/11/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape intégrase na Asociación de axencias de desenvolvemento de España constituida hoxe en Madrid |
|
|
A nova entidade promoverá o intercambio de boas prácticas e prevé o desenvolvemento en común de novos produtos e servizos. A asociación de ADR nace co obxectivo de servir de canle para compartir experiencias, colaborar e xerar sinerxias entre as entidades responsables dos programas de promoción económica e empresarial das comunidades autónomas.
|
|
Última actualización ( 07/11/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape e o IAPMEI portugués colaboran para dinamizar investimentos transfronteirizos |
|
|
Tratar de abrir novas vías de colaboración para promover e dinamizar a actividade empresarial entre Galicia e Portugal foi o obxectivo fundamental do encontro mantido en Santiago por directivos do Igape e do Instituto de Apoio a Pequena e Media Empresa e Investimento (IAPMEI) de Portugal.
|
|
Última actualización ( 03/07/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Bic Galicia promove redes de cooperación entre empresas TIC de Galicia e do Norte de Portugal |
|
|
Durante este mes de xuño haberá xornadas Transtic, impulsadas no marco da Iniciativa Comunitaria Interreg IIIA, nas cidades de Vigo e Ourense. Analizarán diferentes mecanismos de xestión da innovación, a tecnoloxía, a mellora da competitividade e o desenvolvemento en novas empresas de base tecnolóxica. |
|
Última actualización ( 21/06/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape promove iniciativas de carácter colectivo para impulsar a innovación e a competitividade |
|
|
O próximo 31 de maio remata o prazo de presentación de solicitudes en catro liñas de axuda coas que o Instituto se propón impulsar iniciativas de carácter colectivo promovidas por organismos intermedios e destinadas a mellorar a competitividade das empresas galegas.
|
|
Última actualización ( 11/06/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 13 - 23 de 23 |