|
O Igape, BIC Galicia e a Fundación Genoma premian os proxectos Nanoimmunotech e Climadaptación |
|
|
Cada unha destas iniciativas emprendedoras de carácter biotecnolóxico recibe un incentivo de 30.000 euros para a posta en marcha das respectivas empresas. Os galardóns, concedidos no marco do Programa Galicia Bioemprende, foron entregados onte en Madrid, nun foro destinado a poñer en contacto a emprendedores biotecnolóxicos con investidores públicos e privados. O Programa Galiciabioemprende, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como obxectivos fundamentais dar apoio á creación, crecemento e consolidación de empresas biotecnolóxicas. Esta iniciativa está promovida por BIC Galicia, o Igape e a Fundación Genoma España.
|
|
Última actualización ( 17/12/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O Igape facilitou a constitución telemática de 738 empresas baixo a forma de SLNE ou SRL |
|
Case o 19% das SLNE constituidas en España pertencen a Galicia, Comunidade só superada por Madrid, onde se implantou antes o sistema. Galicia acolle tamén o 15,5% das sociedades de responsabilidade limitada (SRL) constituídas de xeito telemático. Ademais encabeza a clasificación en canto á axilidade para a constitución das SLNE, xa que só precisa unha media de 1,21 días hábiles para a constitución dunha sociedade.
|
|
Última actualización ( 16/10/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Cinemar Films facilita a gravación e posproducción de son cun estudo de referencia en Europa |
|
|
O novo estudo é o primeiro de Galicia homologado por Dolby e equipado con tecnoloxía de vangarda, e permitirá pechar a cadea do produto audiovisual en Galicia. O Igape apoiou a iniciativa mediante o programa de axudas a emprendedores.
|
|
Última actualización ( 08/08/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Galicia incrementa por terceiro ano consecutivo a taxa de actividade emprendedora, segundo o GEM |
|
|
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, salienta que Galicia ocupa o segundo posto en canto á porcentaxe de iniciativas consolidadas. Fernández Antonio subliñou tamén na presentación do Informe GEM 2007 que a figura do emprendedor en Galicia está cada vez mellor valorada social e profesionalmente.
|
|
Última actualización ( 16/10/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Fernández Antonio anima aos mozos a asumir riscos a partir de actitudes de confianza e inconformismo |
|
 Durante a súa intervención no III Día do Emprendedor, o conselleiro de Economía e Facenda salientou o papel da administración no apoio aos emprendedores en formación, asesoramento e financiamento co obxectivo de transformar as ideas en proxectos viables. Fernández Antonio destacou o apoio do Igape mediante préstamos e avais para procurar que todos os proxectos viables teñan financiamento, e lembrou que BIC Galicia facilita formación en creación de empresas dende a escola ata a universidade.
|
|
Última actualización ( 17/03/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
As claves para a creación e a consolidación de empresas centran os debates do III Día do Emprendedor |
|
|
Mañá, 15 de maio, desenvolverase en Santiago o III Día Galego do Emprendedor, que ten como principais obxectivos a formación e a motivación dos emprendedores, así como o achegamento dos instrumentos, servizos e apoios existentes para facilitar a posta en marcha, o financiamento e a consolidación de proxectos empresariais.
|
|
Última actualización ( 15/05/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O III Día do Emprendedor celebrarase en Santiago o 15 de maio, promovido polo Igape e Bic Galicia |
|
O Igape e BIC Galicia organizan o III Día Galego do Emprendedor, destinado a ofrecer información, ideas e apoio para a creación dunha empresa, e que se celebrará o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. O programa incluirá diferentes bloques temáticos relacionados coas novas tecnoloxías, tanto aplicadas ao sector do granito, representado polo proxecto de Next Pedra, ou mesmo sobre o software libre. Ademais, os asistentes poderán participar nun amplo abano de actividades de carácter informativo e tamén práctico. Baixo o lema A túa idea, a túa empresa, a finalidade deste encontro é promover e alimentar o espírito emprendedor, en particular entre o sector empresarial e os estudantes, tanto os universitarios como os que cursan Formación Profesional.
|
|
Última actualización ( 13/05/2008 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Fernández Antonio destaca o papel do emprendemento como motor da innovación e da competitividade |
|
O potencial emprendedor de Galicia duplicouse nun año, segundo revela o estudo GEM 2006, elaborado coa participación da sociedade do Igape BIC Galicia. Segundo o informe correspondente a 2006, Galicia é a terceira comunidade española con maior potencial emprendedor, só por detrás de Murcia e Madrid. Na presentación do estudo, o conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, subliñou a estratexia da Xunta para impulsar a cultura emprendedora, polos seus positivos efectos sobre o crecemento económico.
|
|
Última actualización ( 17/03/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|