Novas
O Goberno concederá 47,43 millóns de euros en axudas a proxectos de reindustrialización en Ferrol PDF
O prazo para solicitar as axudas do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para proxectos de reindustrialización e infraestruturas en 2008, publicadas onte no BOE, está aberto durante trinta días naturais a contar desde hoxe. As axudas veñen complementar as subvencións de especial intensidade que manten operativas o Igape para apoiar investimentos nesa zona. O Instituto manterá a súa colaboración na avaliación das iniciativas presentadas ao abeiro da convocatoria do Ministerio.
 
Última actualización ( 04/12/2007 )
Ler máis...
 
O Igape leva información sobre as súas axudas é servizos á Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia PDF
O Igape achegará aos visitantes da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia, que se desenvolverá do 10 ao 14 de outubro no Coliseum da Coruña, información sobre os seus servizos e sobre as vixentes axudas financeiras para apoiar investimentos de microempresas, emprendedores ou pemes que aposten pola mellora da súa competitividade.
 
Última actualización ( 07/11/2007 )
Ler máis...
 
O sector audiovisual disporá de novas liñas de financiamento para produccións e equipos técnicos PDF
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) subvencionará préstamos por un importe de ata 20 millóns de euros destinados á produción audiovisual e á compra de equipos neste sector. Así o aprobou hoxe o Consello da Xunta, que autorizou ao Instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda a asinar un convenio coas sociedades de garantía recíproca galegas –Afigal e Sogarpo- e entidades financeiras, polo que se habilitarán dúas liñas de financiamento.
  
Última actualización ( 07/11/2007 )
Ler máis...
 
O Igape apoiará ás conserveiras Alfageme e Calvo no desenvolvemento dos seus plans estratéxicos PDF
ImageFernández Antonio, subliñou a importancia do sector conserveiro galego que está nun proceso de diversificación, innovación e aumento das cotas de mercado O Instituto tamén apoiará os plans estratéxicos do clúster audiovisual, do clúster da madeira e da AEI Enerxía e Medio Ambiente, dentro da súa política de potenciación dos clústers. O Igape apoiou investimentos por 300 millóns de euros ata setembro, con axudas por 41 millóns de euros; mentres que Xesgalicia aprobou 16 proxectos cun investimento de 19 millóns de euros.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
O Igape financia os investimentos en Ferrol, Eume y Ortegal da hostelería e do comercio retallista PDF
Os investimentos que poderán acollerse á subsidiación do financiamento estarán comprendidos entre un mínimo de 3.500 e un máximo de 90.000 euros. Os beneficiarios que opten polo tipo de xuro fixo poderán financiar investimentos con préstamos a un xuro efectivo do 2%. O volume máximo de préstamos ou contratos de leasing a subsidiar será de 3 millóns de euros.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
Fernández Antonio subliña que Ferrolterra é hoxe a área de Galicia con máis solo para novas empresas PDF
ImageO Conselleiro de Economía e Facenda presidiu a reunión coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol e garantizou que os orzamentos de Galicia para o próximo ano recollerán dotacións específicas para as medidas incluídas no programa de desenvolvemento; na reunión participou o novo director do Plan Integral de Desenvolvemento das Comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, Ángel Sucasas. José Ramón Fernández Antonio tamén se amosou convencido de que  o proxecto de conexión ferroviaria do porto exterior será incorporado aos presupostos do Estado para 2008.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
Xesgalicia impulsa tres novos proxectos de enerxías renovables, tecnoloxía mariña e audiovisual PDF
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente de Xesgalicia, José Ramón Fernández Antonio, presidiu o consello de administración no que se aprobaron tres proxectos cun alto compoñente tecnolóxico. Xesgalicia apoiará unha iniciativa de biomasa forestal promovida polo Grupo Abengoa; unha firma de tecnoloxía para o sector pesqueiro; e habilitará financiamento para producións audiovisuais. As iniciativas afondan nunha política empresarial selectiva que combina o aposta polo emprendemento, a concentración de esforzos en sectores de futuro, e a posta en marcha de novos instrumentos de apoio.
 
Última actualización ( 09/10/2007 )
Ler máis...
 
Nova liña financeira para apoiar investimentos do comercio retallista e da hostalería en Ferrol PDF
O Igape habilitará unha liña especial para financiar investimentos  en Ferrol, Eume e Ortegal das pemes dos sectores turístico, hostaleiro e do comercio polo miúdo. Os investimentos que poderán acollerse á subsidiación do financiamento estarán comprendidos entre un mínimo de 3.500 e un máximo de 90.000 euros. Os beneficiarios que opten polo tipo de xuro fixo poderán financiar investimentos con préstamos a un xuro efectivo do 2%.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 61 - 72 de 109
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design