| O I Foro Transfronteirizo de Biotecnoloxía reuniu a máis de 250 emprendedores e investigadores |
|
|
O Foro Transfronteirizo organizado por BIC GALICIA, sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria, en colaboración coa Fundación Universidade de Vigo e o IPVC, duplicou o número de participantes previsto. Con máis de 250 asistentes entre pemes, investigadores, axentes de apoio e emprendedores, o Foro foi unha oportunidade para coñecer intereses comúns, posibilidades de colaboración e oportunidades de negocio nos ámbitos da saúde, a acuicultura, a agroalimentación e o medio ambiente.
Vigo, 30 de xuño de 2009.- Algúns dos mellores expertos en Biotecnoloxía e Emprendemento de Galicia e Norte de Portugal deronse cita o pasado 29 de xuño en Vigo, durante o I Foro Transfronteirizo de Biotecnoloxía e Emprendemento que abriu as portas a novas oportunidades de negocio e de colaboración coa presenza de máis de 250 asistentes. Unha oportunidade excepcional para coñecer a situación do sector biotecnolóxico na Eurorrexión, as mellores estratexias de protección das ideas e recursos de financiamento.
O encontro foi organizado por Bic Galicia, como entidade coordinadora, en colaboración coa Fundación Universidade de Vigo, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Bic Minho, e o Instituto Empresarial do Minho. O foro foi a primeira acción do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Galicia - Norte de Portugal Bioemprende, que ten como finalidades as de promover vínculos entre todos os axentes implicados no sector biotecnolóxico, mellorar a capacidade emprendedora, identificar oportunidades de negocio e xerar sinerxías que favorezan a consolidación dun tecido empresarial biotecnolóxico. Máis de 50 empresas relacionadas coa biotecnoloxía, outros tantos investigadores e 45 entidades de apoyo ó sector, así como emprendedores vinculados a un proxecto biotecnolóxico reuníronse no marco deste Foro para identificar oportunidades de negocio e xerar sinérxias que favorezan a consolidación dun tecido empresarial biotecnolóxico.
Desenvolveronse 4 Mesas temáticas nas que empresas, investigadores e axentes de apoio técnico e empresarial analizaron as potencialidades da biotecnoloxía para o desenvolvemento de novas liñas de negocio nas áreas de medicina e saúde, acuicultura e pesca, agroalimentación e medioambiente.
Investigadores como Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal na USC, ou África González, catedrática de Inmunología da Universidade de Vigo e promotora de Nanoinmunotech ofreceron un percorrido polas principais liñas de investigación con potencial de saída ao mercado. Entre as empresas galegas que compartiron a súa experiencia e coñecemento figuraron, entre outras, o Grupo Zeltia, Feiraco, Ecocelta, Porto Muiños, Nanoinmunotech ou ABG Patentes. E por parte do Norte de Portugal, destacaron Simbiente, Grupo Bial ou a Associaçao Nacional dos Industriais de Lacticinios.
O foro constituiu ademais unha inmellorable oportunidade para coñecer a situación do sector biotecnolóxico na Eurorrexión, as mellores estratexias de protección das ideas e os recursos de financiamento dispoñibles para a posta en marcha de iniciativas biotecnolóxicas.
As intervencións dos investigadores, das empresas e axentes de apoio ao sector que participaron nas diferentes mesas, así coma as principais conclusións extraídas durante o Foro estarán dispoñibles na web www.bioemprende.eu próximamente.
Máis información en: www.bioemprende.eu |
|
| Última actualización ( 09/07/2009 ) |


O encontro foi organizado por Bic Galicia, como entidade coordinadora, en colaboración coa Fundación Universidade de Vigo, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Bic Minho, e o Instituto Empresarial do Minho. O foro foi a primeira acción do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Galicia - Norte de Portugal Bioemprende, que ten como finalidades as de promover vínculos entre todos os axentes implicados no sector biotecnolóxico, mellorar a capacidade emprendedora, identificar oportunidades de negocio e xerar sinerxías que favorezan a consolidación dun tecido empresarial biotecnolóxico. 