O Igape busca investimentos no sector aeronáutico de Estados Unidos PDF

O Instituto contactou con varias empresas do sector para presentarlles as vantaxes competitivas da comunidade nunha feira enmarcada dentro do programa Euratlantic.

ImageSantiago, 20 de outubro de 2006.- Presentar a Galicia como un lugar axeitado para acoller os investimentos do sector aeronáutico de Estados Unidos foi o principal obxectivo da participación do Igape, a través do seu Centro de Promoción de Negocios en Nova Iorque, na NBAA, a feira máis importante da industria aeonáutica norteamericana.

Durante o evento, que se desenvolveu en Orlando (Florida), levouse a cabo unha apretada axenda de entrevistas con empresas estadounidenses do sector nas que se explicaron as vantaxes ecónomicas e competitivas de investir en Galicia.

A participación nesta feira enmárcase dentro do programa Euratlantic que agrupa a 13 rexións da Costa Atlántica Europea de Francia, España e Portugal. Estas rexións forman un frente común para atraer investimentos norteamericanos á zona, ofrecendo un destino alternativo para implantarse en Europa e presentando as características e vantaxes comúns que presentan ás rexións como lugar de investimento.

Con este fin, a rexión Euratlántica participa por medio dun pavillón propio nas feiras máis importantes dos Estados Unidos dedicadas a sectores claves para a súa economía como o agroalimentario, o aeronáutico ou o automobilístico. Neles establécese contacto coas empresas de maior potencial co obxectivo de que a zona se convirta en destino dos seus investimentos.

Última actualización ( 19/01/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design