O Igape concedeu 15,5 millóns de euros no marco do plan re-Móvete, que xa aprobou 22.203 solicitudes PDF
Dunha caída das matriculacións dun 27% nos primeiros cinco meses deste ano sobre 2008, pasouse a unha recuperación que se confirmou nos meses seguintes. O incremento de vendas durante o pasado mes de novembro foi do 53,2%. As axudas do re-Movete facilitáronlle as empresas do sector unha facturación que supera os 365 millóns de euros.
 
Santiago, 26 de decembro de 2009.- O Plan re-Móvete, deseñado pola Consellería de Economía e Industria para impulsar as vendas de automóbiles en Galicia e contribuír á estabilidade do emprego no sector, facilitou polo de agora a aprobación de 22.203 solicitudes de axuda, autorizou subvencións por importe de 15,5 millóns de euros e fixo posible que as empresas do sector acumulen unha facturación duns 365 millóns.
 
Esta iniciativa  desenvolvida a través do Igape permitiu inverter unha situación caracterizada polas continuas caídas para lograr un sensible incremento das vendas nos últimos meses. Así, dunha caída das matriculacións dun 27% nos primeiros cinco meses deste ano con respecto ao mesmo periodo de 2008, pasouse a un incremento dun 23% nos catro meses seguintes. O incremento de vendas durante o pasado mes de novembro foi do 53,2%, o que permite acadar cifras de crecemento positivas no acumulado deste ano sobre o anterior.
 
O programa re-Movete, que conta con financiamento aprobado por importe de 15,75 millóns de euros cumpriu, amplamente os obxectivos previstos no momento da súa posta en marcha. Fixo posible a dinamización do mercado mediante o apoio a susbtitución de vehículos de máis de dez anos ou máis de 250.000 km. percorridos; temén tivo incidencia importante na promoción da actividade no sector da automoción e no mantemento do emprego tanto nas fábricas como, especialmente, nos concesionarios. A incidencia positiva, a nivel social, está na retirada de vehículos de máis de dez anos, menos seguros e máis contaminantes cós que se están a vender na actualidade.
 
Consensuado co sector e adaptado ás necesidades de Galicia, o plan re-Móvete caracterizouse pola sú ambición en relación co do Goberno central ou as medidas doutras comunidades autónomas; por apoiar as vendas de vehículos industriais e, no tramo dos vehículos de gama media, para turismos con custos de 10.000 a 30.000€, por achegar uns apoios que superan aos do Estado nun 40%. As axudas medias concedidas en Galicia son de 703 euros, fronte a axuda líneal de 500 euros do Goberno central. Outro dos elementos distintivos do re-Móvete está a ser a seguridade que o sistema de xestión dá aos concesionarios, que sempre dispuxeron da certeza sobre a existencia de crédito suficiente para atender as solicitudes debidamente tramitadas.
 
A xestión do programa está a ser altamente positiva para o Instituto que preside o conselleiro Javier Guerra. O carácter masivo da liña supuxo un reto, solventado con axilidade, para a xestión de expedientes de apoio en relación con entidades colaboradoras.
Última actualización ( 18/12/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design