O Igape conecta o tecido empresarial galego coas mellores prácticas dos clusters do Espazo Atlántico PDF
Reúnense en Cork, Irlanda, os organismos comprometidos no proxecto europeo AT-Cluster, entre os que figura o Igape como xefe de filas. A iniciativa busca fortalecer a cooperación entre clusters baseados no coñecemento no Espazo Atlántico, para incrementar a súa competitividade no mercado global. En febreiro de 2010, coincidindo con Xacobeo, desenvolverase en Santiago unha conferencia transnacional onde se poderá contar coa participación de diversos organismos internacionais que están a traballar na materia co mesmo fin que os socios de AT Clusters.
 
Santiago, 16 de outubro de 2009.-Os representantes dos organismos de desenvolvemento económico comprometidos no proxecto europeo AT-Cluster, entre os que está o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en calidade de xefe de fila, participan durante as xornadas de onte e hoxe en Irlanda nun encontro de traballo onde se tratará de pechar o proceso de benchmarking interrexional para o trasvase de boas prácticas no ámbito das agrupacións empresariais do espazo atlántico europeo.
 
Xunto co Igape, dependente da Consellería de Economía e Industria, participan como socios neste proxecto a Sociedade para o Desenvolvemento Rexional de Cantabria (Sodercan); A South West Regional Authority de Cork (Irlanda); o Instituto de Desenvolvemento do Principado de Asturias (Idepa); a Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave (Portugal); e a sociedade Betagne-Innovation, de Rennes (Francia).  O proxecto, que celebrou o encontro de lanzamento en Santiago no pasado mes de marzo, permitirá incrementar a capacidade dos clusters para ofreceren servizos eficientes aos seus integrantes e contribuir, así, ao seu desenvolvemento, modernización, innovación e internacionalización; AT Clusters contribuirá, do mesmo xeito, a fortalecer a cooperación entre clusters baseados no coñecemento no Espazo Atlántico, para incrementar a súa competitividade no mercado global.
 
ImageTodos os socios do proxecto achegaron documentación referida ao desensevolvemento das políticas de clúster e as iniciativas existentes en cada rexión ou comunidade, co que a partir da reunión de Cork se comezará a programar a dirección estratéxica da segunda fase deste proxecto, que será a que debe proporcionar as liñas de cooperación e complementariadede inter-cluster a establecer entre as diferentes rexións e comunidades asociadas no ámbito desta iniciativa europea; con ese obxectivo, cada rexión abordou o contacto cos seus agrupamentos clúster más representativos, de modo que a partir de fin deste año se poidan involucrar directamente no desenvolvemento do proxecto e aproveitar as sinerxias interrexionais que deben producirse.
 
O proxecto AT-Clusters, aprobado no marco do programa europeo Espazo Atlántico de Cooperación Transnacional, está destinado a promover a cooperación entre os clusters que están asentados ou en proceso de creación no Espazo Atlántico e interconectalos para facilitar o seu desenvolvemento a nivel europeo e internacional. Liderada polo Igape e cofinanciado pola CE, esta iniciativa busca axudar aos clusters a seren mais dinámicos e apoiar o intercambio de boas prácticas, ademais de explorar a posibilidade de construción de meta-clusters capaces de asentar lazos de cooperación entre ás empresas mais dinámicas das distintas rexións participantes. Está previsto que remate en 2011.
 
Na anterior reunión desenvolvida polos socios de AT Clusters en Santander, no pasado mes de xullo, constaouse a boa marcha do proxecto. Unha das decisións máis relevantes foi a referida á organización dunha Conferencia Transnacional en Santiago, en febreiro de 2010,  coincidindo con Xacobeo, onde se poderá contar coa participación de diversos organismos internacionais que están a traballar na materia co mesmo fin que os socios de AT Clusters.
 
A través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e das súas sociedades, a Consellería de Economía e Industria está empregando diversas vías para conectar o tecido empresarial galego co europeo, na procura de favorecer a mellora competitiva e a internacionalización das empresas galegas. Mediante proxectos como AT-Clusters, Bioemprende, AT-Venture ou Galactea Plus, o Igape e as súas sociedades participadas, BIC Galicia e Xesgalicia, están a impulsar o desenvolvemento competitivo das empresas e clusters galegos no exterior.
Última actualización ( 16/10/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design