O Igape estará presente na Semana Verde para informar sobre os seus apoios aos empresarios PDF
O Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria procura deste xeito avanzar na proximidade e na difusión das súas posibilidades de axuda a empresarios, emprendedores e profesionais. A presenza do Igape na Semana Verde de Galicia manterase dende o 11 ao 14 deste mes de xuño.
 
Santiago, 10 de xuño de 2009.-Co obxectivo de poder achegar información  detallada sobre os seus servizos e as súas diferentes liñas de apoio para favorecer á actividade emprendedora e empresarial, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) estará presente, con espazo expositivo propio, no Salón da Aliemntación do Atlántico (Salimat), que se desenvolverá no recinto da  Semana Verde de Galicia desde o día 11 ao 14 de xuño.
 
O Igape estará na Semana Verde de Galicia, co obxectivo de achegarse aos empresarios, emprendedores e profesionais do sector agroalimentario e facilitarlles información directa sobre as diferentes liñas de apoio existentes para investir, mellorar a competitividade das empresas ou avanzar na proxección exterior cara a novos mercados.
 
Do 11 ao 14 deste mes desenvólvese na Semana Verde o XIII Salón de Alimentación do Atlántico, que será punto de encontro e principal escaparate para o sector alimentario e tecnoalimentario de Galicia. O Salimat incorpora encontros internacionais de compradores organizados coa colaboración do propio Igape e deseñados para que os expositores, mediante reunións previstas en axendas previamente concertadas, poidan abrir novos mercados e para que o propio salón sirva como plataforma para a exportación dos produtos galegos do sector da alimentación.
Última actualización ( 15/06/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design