O Ministerio de Industria concede 46 millóns para apoiar 48 proxectos empresariais en Ferrolterra PDF
Os investimentos apoiados, avaliados conxuntamente co Igape, suman más de 108 millóns de euros. O director do Instituto, José Antonio Delgado Arce, salientou que a colaboración entre administracións e as forzas sociais creou un clima favorable para os investimentos empresariais.
 
Ferrol, 30 de abril de 2006.- O director xeral de Desarrollo Industrial do Ministerio de Industria, Jesús Candil, anunciou hoxe en roda de prensa que ese departamento do Goberno apoiará con 46 millóns de euros, mediante préstamos a xuro cero e subvencións a fondo perdido, un total de 48 proxectos aprobados na convocatoria de Axudas á Reindustrialización para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal correspondente a 2007. Foi durante unha roda de prensa na que estivo tamén o director xeral do Igape, organismo que avaliou conxuntamente co Ministerio os proxectos presentados, con investimentos que superan os 108 millóns de euros.
 
O director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce, salientou durante a súa intervención a colaboración institucional que mantén o instituto que dirixe co Ministerio de Industria na avaliación dos proxectos apoiados, así como a importancia da cooperación destas dúas entidades coa Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF).
 
Delgado Arce considerou fundamental o clima de confianza que esta colaboración está creando entre o empresariado, e lembrou que os investimentos empresariais apoiados polo Ministerio tamén poden acadar apoio do Igape, que ten, segundo lembrou, convocatorias abertas de apoios a investimentos ou iniciativas de mellora da xestión mediante a innovación ou o desenvolvemento técnolóxico, entre outras.
 
Empresas e entidades
 
Do total dos proxectos aprobados na convocatoria do Ministerio de Industria, 34 corresponden a iniciativas empresariais ás que se lle concederon préstamos a xuro cero por importe de 35,5 millóns de euros. Os 14 proxectos restantes corresponden a iniciativas para o desenvolvemento de infraestruturas promovidas por institucións, entidades ou asociacións empresariais; para apoiar estes proxectos, o Ministerio destina 7 millóns de euros en préstamos a xuro cero e 3,5 millóns en subvencións a fondo perdido.
 
Cariño, Fene, Ferrol, Narón, Ortigueira, As Pontes ou As Somozas, son algunhas das localidades das comarca nas que está previsto que se implanten algúns dos 34 proxectos empresariais que recibirán as axudas.
 
Os 34 proxectos empresariais apoiados este ano polo Ministerio de Industria impulsarán uns investimento totais de 90 millóns de euros, mentres que os proxectos de asociacións e entidades sumarán un total de 18,15 millóns.
 
A suma dos investimentos apoiados polo Ministerio de Industria en Ferrolterra durante o periodo 2006-2007 é de 231,8 millóns de euros, mentras que o total das axudas concedidas (préstamos a interese cero e subvencións a fondo perdido) ascende a 90 millóns de euros. A implantación destas iniciativas supón a creación de 500 postos de traballo na comarca.
 
Durante a roda de prensa, o director xeral de Desarrollo Industrial, Jesús Candil, amosou a súa preocupación polo feito de que algúns concellos importantes das comarcas non acudan as axudas convocadas polo Ministerio para fomentar a mellora de infraestructuras industriais. Neste sentido, solicitou a colaboración da AIPF para promover que as entidades locais accedan a este tipo de apoios para mellorar, por exemplo, os accesos aos polígonos industriais.
Última actualización ( 12/06/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design