O re-Móvete 2010 triplica na primeira quincena de decembro as solicitudes autorizadas en novembro PDF
O plan re-Móvete conseguiu triplicar durante a primeira quincena de decembro o número de solicitudes autorizadas no mesmo período de novembro. A Consellería de Economía e Industria prepara a inminente activación do sistema de cupos para repartir o crédito existente de xeito que os concesionarios teñan garantía de que as operacións tramitadas contarán coa axuda prevista.
 
Santiago, 16 de decembro de 2010.- A mellora das condicións do plan re-Móvete comercial anunciada polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o pasado 1 de decembro, conseguiu que durante a primeira quincena deste mes se autorizasen máis de 1.500 solicitudes, triplicando así a cifra das rexistradas durante a mesma quincena do mes pasado.
 
Este éxito do plan motivou que estean próximos a esgotarse os créditos habilitados, polo que se fixo necesario preparar a activación do sistema de cupos, que estará en vigor de xeito inmediato e que garantirá aos concesionarios a seguridade de que as operacións tramitadas disporán de apoio.
 
Co impulso acadado na demanda de solicitudes, o Instituto Galego de Promoción Económica ten rexistradas telematicamente, nesta segunda etapa do re-Móvete comercial, preto de 7.000 solicitudes que permitirán xerar unha facturación ao sector que superará os 105 millóns de euros.
 
A través do novo plan re-Móvete 2010 G, coas novas condicións de apoio da Xunta e o compromiso do sector, triplicáronse as axudas previstas en principio para dinamizar as vendas de turismos. Las axudas son de 2.010 euros para turismos de prezo comprendido entre os 10.000 e os 30.000 euros, e de 1.600 para os coches de menos de 10.000 euros, repotenciando as xa contempladas no re-Móvete Comercial 2010. Asemade, estas axudas estenderanse tamén até chegar aos 2.010 euros para os vehículos industriais, despois do acordo alcanzado co sector.
 
Sistema de cupos
Todas as axudas do plan re-Móvete son  tramitadas de forma telemática. Para ofrecer ás entidades colaboradoras e aos cidadáns a seguridade xurídica de que todas as solicitudes rexistradas contarán co incentivo previsto, faise necesario activar o sistema de cupos, que permite repartir os créditos existentes de forma proporcional ao importe das operacións tramitadas por cada concesionario ata ese momento.
 
 
 
 
Última actualización ( 27/01/2011 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design