CARGANDO ...



 
Observatorio de Internacionalización da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Proxecto ECICII-POCTE PDF

Obxectivo
Por ao alcance de empresarios, traballadores e emprendedores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal información de mercados exteriores, que lles permita atopar oportunidades de negocio en novos mercados, emprendimento e expansión.
 
O observatorio céntrase inicialmente nos sectores obxectivo do proxecto ECICII (agroalimentario, materiais da construción e contract).
 

Actividades do Observatorio
 
O Observatorio a través de fontes estatísticas oficiais permite amosar a situación da internacionalización na Eurorrexión, desenvolvendo entre as súas actividades:
 
  • Unha visión exacta e precisa da situación da internacionalización na Eurorrexión GNP a través de indicadores.
  • Estudo e análise sectorial dos mercados exteriores.
  • Facilitar información aos profesionais das pemes sobre a internacionalización da empresa.
  • Aproveitar as experiencias exitosas de empresas de Galicia e do Norte de Portugal nos seus procesos de internacionalización para difundilas a modo de boas prácticas.
  • Informar sobre a actualidade vencellada ao ámbito da internacionalización, con novas, eventos, boletíns, etc.
 
Dinamización a través de redes sociais coma un canle máis directo aberto e específico para os interesados na temática da internacionalización
 
Este observatorio trata de impulsar a inversión estranxeira e o salto a mercados exteriores das pemes da eurorrexión, asegurando a sustentabilidade da cooperación transfronteiriza neste eido.
 
 
Última actualización ( 26/12/2011 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design