A percepción dunha oportunidade de mercado motiva aos emprendedores galegos por riba das necesidades PDF
O informe difundido por GEM 2005 afirma tamén que a porcentaxe da poboación enquisada que ten desexos de poñer en marcha o seu propio negocio é do 4,65

Santiago, 21 de novembro de 2006.- Segundo pon de manifesto o Informe Executivo Galicia 2005, realizado no marco do Proxecto Internacional Global Entrepreneurship Monitor (GEM) para analizar a actividade emprendedora, a percepción dunha oportunidade de mercado motiva, por encima da necesidade, aos emprendedores galegos. A notable calidade dos proxectos emprendidos ven dada, maioritariamente, por esa motivación de creación de algo que non existe no mercado, que é a motivación fundamental, máis que a necesidade persoal do emprendedor. Este indicador achega maiores garantías cara a viabilidade futura dos proxectos.

Segundo os datos do GEM, realizado en Galicia mediante un convenio subscrito pola CEG, a sociedade do Igape BIC Galicia e a USC, en Galicia hai cada vez un maior número de empresas. Galicia rexistrou durante o ano 2005 a creación de 36.286 empresas, garantindo así un saldo neto positivo de 10.717 novas sociedades, dado que no período pecharon 25.569 firmas. Frente ao 2% de empresas creadas só pecharon un 1,4% das industrias da comunidade, dando un resultado positivo para a demografía empresarial galega no seu conxunto.

O informe tamén resalta o crecente espíritu emprendedor que se percibe na comunidade aínda que, na actualidade, a porcentaxe da poboación enquisada que ten desexos de poñer en marcha o seu propio negocio é só do 4,65%. O motivo desta reducida porcentaxe radica, segundo o estudio, nas dificultades que perciben os potenciais emprendedores na comunidade, maiores que noutras zonas.

Os homes seguen sendo a maioría de novos empresarios en Galicia, representando un 60,7% fronte a un 39,3% de mulleres que se dedican a crear o seu propio negocio. Sen embargo, as galegas presentan un índice de actividade emprendedora superior ao da media española e de boa parte dos países europeos, ocupando unha posición destacada no que se refire a este índice.

O financiamento dos proxectos segue a ser unha das principias dificultades para os emprendedores galego. A innovación e a internacionalización, mentres tanto, representan aspectos pouco relevantes para as novas empresas galegas. Só o 10% das compañías poden considerarse innovadoras mentras que case dous tercios destas afirman non selo en absoluto. En canto á actividade exportadora das industrias da comunidade, a media galega sitúase por debaixo da cifra española e a intención de cambiar esta situación por parte das empresas creadas recentemente é escasa.

Última actualización ( 19/01/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design