|
Fernández Antonio anuncia que os Orzamentos de 2008 destinan 500 millóns de € á promoción económica |
|
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape subliñou que a política de apoio á actividade empresarial está orientada a concentrar o esforzo no apoio aos investimentos, no impulso do emprendemento e a internacionalización, e na mellora da competitividade e a innovación. Os programas do Igape e Xesgalicia, xunto coas actuacións sectoriais das consellerías, destinarán preto de 500 millóns de euros ao impulso da actividade económica e á mellora da competitividade.
Santiago, 26 de outubro de 2007.- O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape,
José
Ramón Fernández
Antonio, anunciou hoxe que os Orzamentos de Galicia para o próximo ano destinarán preto de 500 millóns de euros ao impulso da actividade económica e da competitividade. En concreto, a dotación desta liña estratéxica acada os 497 millóns de euros que inclúen os programas do Igape e Xesgalicia (210 millóns de euros), e as actuacións sectoriais das distintas consellerías. O obxectivo final, segundo explicou, é reforzar as políticas que permiten impulsar o crecemento económico, a creación de emprego estable e de calidade, e a mellora da competitividade da economía galega. O conselleiro presidiu hoxe o consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), onde informou das liñas prioritarias da política empresarial e orzamentaria.
En relación aos instrumentos de apoio empresarial dependentes da Consellería de Economía e Facenda Igape e Xesgalicia-
Fernández Antonio
sinalou
como elemento central da estratexia a concentración de esforzos en tres áreas: a internacionalización; a ampliación e mellora dos instrumentos de financiamento empresarial; e o potenciación dos servizos de apoio ás empresas. Así, no ámbito do apoio á proxección exterior das empresas, o conselleiro subliñou accións como a potenciación dos Centros de Promoción de Negocios no Exterior; a intensificación dos vínculos empresarias con Latinoamérica; e a cooperación con institucións estatais e internacionais para aproveitar as sinerxias e complementariedades.
En segundo lugar, no ámbito do financiamento de proxectos empresariais,
Fernández Antonio
salientou
a importancias das fórmulas baseadas en axudas reintegrables baseadas nun enfoque de compartir riscos cos empresarios. Ademais, lembrou as iniciativas xa en marcha con organismos internacionais como o Banco Europeo de Investimentos (BEI) e o Fondo Europeo de Investimentos (FEI), nos que Galicia é pioneira. Neste sentido, lembrou a colaboración co BEI no marco do Programa Jeremie, orientado a aumentar a eficacia na utilización de fondos comunitarios ao través de programas de financiamento empresarial que multipliquen os efectos dos recursos empregados; así como o convenio asinado co FEI para a análise da cooperación no impulso do capital risco.
Por último, no ámbito dos servizos ás empresas, o conselleiro destacou a importancia do apoio aos clústers empresariais, así como o reforzo da actividade de BIC Galicia en asesoramento e formación de emprendedores.
|
|
Última actualización ( 17/03/2009 )
|