| Rede de plataformas empresarias no exterior (Rede Pexga) |
|
|
A través destas plataformas que reúnen esforzos da Xunta de Galicia e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), póñense a disposición das empresas galegas servizos individualizados en destino co obxecto de apoiar a súa acción nos mercados internacionais. Estes servizos caracterízanse polo seu carácter personalizado adaptado ás condicións e necesidades concretas da empresa.
Os tipos de servizos que se prestan desde as plataformas son:
· Información e apoio puntual.
· Identificación e seguimento de axentes de negocio: socios potenciais, clientes e distribuidores
· Elaboración de axendas.
· Prospeción de mercado.
· Itinerario personalizado de internacionalización empresarial.
· Apoio puntual en accións de promoción.
· Showrooms
· Posta a disposición do centro de negocios
Os usuarios recomendan estes apoios:
|
|
| Última actualización ( 26/09/2012 ) |


