Plan de empresa PDF
Article Index
Plan de empresa
Elaboración do plan de empresa
Recomendación de contidos do plan de empresa
 
Plan de empresa
 
O plan de empresa é un documento de acceso libre e gratuito no que o emprendedor expresa cómo quere converte-la súa idea en empresa.
 
Identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira desta, e desenvolve tódolos procedementos e estratexias necesarias para converter esa oportunidade de negocio nun proxecto empresarial concreto. Este documento obriga o promotor a reflexionar sobre o seu proxecto e a definilo con máis rigor, así como a detectar algúns aspectos que nun primeiro momento non identificara.

Ademais, é unha boa ferramenta para presenta-lo proxecto de cara ó exterior, de cara a terceiras persoas; por exemplo, á hora da negociación bancaria, xa que demostra rigor e profesionalidade, ou ben no momento de solicitar axudas ou subvencións de organismos públicos ou outros.

Pero antes de redacta-lo documento é conveniente reparar nunhas preguntas básicas:

1. ¿É necesario e útil o producto/servicio?
2. ¿Hai suficiente capacidade para levar adiante o proxecto?
3. ¿Pódese vende-lo producto/servicio?
4. ¿É rendible o proxecto?
5. ¿Hai suficientes recursos para poñer en marcha o proxecto?
6. ¿Estamos preparados?
 


Last Updated ( Friday, 09 February 2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design