| Plan económico - financeiro: viable |
|
Páxina 1 de 2 O Plan económico-financeiro: viable
O plan económico-financeiro é a parte numérica do plan de empresa. Neste apartado teranse en conta documentos como o plan de investimentos, as fontes de financiamento, plan de vendas...
A determinación das viabilidades técnica, económica e financeira do proxecto atópase entre os obxectivos fundamentais do PLAN DE EMPRESA.
Naturalmente, a determinación da viabilidade técnica do proxecto consiste en demostrar que se pode face-lo que se quere facer e que, ademais, funciona. Pero iso non implica que o emprendedor non deba garantila, ó contrario, deberá dedicar un esforzo específico a demostrar que o novo deseño, o novo producto ou servicio, o novo procedemento de fabricación ou de comercialización,etc. é susceptible de ser realizado como se pretende e cos custos que se estiman. Para a estimación da viabilidade económica debemos ter en conta:
Para estudia-la viabilidade financeira analizaremos:
Adicionalmente tamén podemos analizar:
Enténdese que un proxecto de empresa é viable, financeiramente falando, cando os recursos xerados pola actividade beneficios retidos, amortizacións e provisións, etc. máis determinados fondos procedentes do exterior da empresa principalmente as contribucións iniciais ou posteriores dos propietarios e o endebedamento a longo prazo son suficientes para facer fronte ás necesidades financeiras que presenta a empresa. As ditas necesidades son, basicamente, os investimentos iniciais e posteriores, as necesidades iniciais e posteriores do FONDO DE ROTACIÓN, a cancelación de débedas e as eventuais perdas que se puidesen producir. Esta suficiencia ou insuficiencia de recursos financeiros virá recollida polos saldos das CONTAS DE TESOURERÍA dos BALANCES DE SITUACIÓN PREVISIONAIS de cada un dos anos que se presuposten.
|
||||
| Última actualización ( 17/09/2010 ) | ||||


