| Plan re-Forza: máis axilidade e eficacia e máis apoio á internacionalización e á competitividade |
|
Santiago 14 de xaneiro de 2010.- Facilitar apoio con máis axilidade e maior eficiencia son algúns dos obxectivos fundamentais incluídos no Plan re-Forza 2010 do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Este plan coñecido hoxe polo Consello da Xunta proponse achegar aos usuarios do Instituto dependente da Consellería de Ecomomía e Industria resposta inmediata ás necesidades máis urxentes das empresas, ofrecer unha visión a medio prazo apostando pola mellora da competitividade e a internacionalización do tecido empresarial, garantir un áxil e rigoroso control dos procesos de xestión e liquidación, e brindar un claro compromiso de contención dos gastos xerais, dentro duns orzamentos que, con todo, medran un 12,89% para poder atender ás necesidades do tecido empresarial. Os incrementos orzamentarios máis significativos están nos orzamentos destinados a internacionalización (+56%) e aos programas de investimento, cooperación e competitividade empresarial (+11,7%).
Desde o convencemento de que as dificultades de acceso ao financiamento son de especial relevancia na actividade empresarial, as liñas de incentivos ao investimento contemplarán o anticipo parcial das subvencións concedidas, cumprindo así, por primeira vez, un obxectivo dobre: o de incentivo económico e o de prefinanciamento parcial dos proxectos que resulten aprobados. Deste xeito, o Instituto confía en estimular a posta en marcha de novos proxectos de investimento empresarial, aspecto fundamental para impulsar a reactivación da economía. Outra das novidades salientables neste ámbito será unha nova liña para apoiar os investimentos en equipamento no sector dos servizos, facilitando financiamento para proxectos de empresas de todas as actividades económicas non industriais, que non podían acollerse aos incentivos do Igape para investimentos.Axilidade
Tamén incidirán na mesma liña as medidas orientadas a axilizar a xestión interna, con períodos de presentación de solicitudes de axuda non máis alá de 45 días, períodos de solicitude de liquidación non superiores a un mes e a liquidación das axudas dentro da anualidade orzamentaria e nun período non superior aos 45 días dende a solicitude de cobro. Outras novidades a salientar son a implantación da factura electrónica, sistema de dixitalización e cotexo electrónico e maior integración electrónica coas entidades colaboradoras (entidades financeiras e SGR) para axilizar a xestión dos apoios. Os períodos de resolución serán máis curtos e haberá posibilidade de incluír pagos a conta ou anticipados nos supostos onde a Lei de subvencións o permita; en determinados casos, o Instituto mesmo poderá propoñer ao consello da Xunta a exención de garantías nestes pagos adiantados.
Competitividade e internacionalización
O tecido empresarial galego ten que competir con ambición polos mercados nacionais e internacionais, e debe facelo superando de vez un punto de partida onde as miras estaban centradas no mercado interior. Para conquistar novos mercados, as empresas galegas deben incorporar novos procesos facilitadores da competitividade empresarial. Nesa liña, o Igape prevé impulsar:
O Plan re-Forza do Igape para 2010 considera igualmente prioritario incrementar o pulso orzamentario no que se refire á competitividade empresarial a través da mellora do capital organizativo das pemes. En concreto, increméntase un 103% o orzamento con destino á innovación tecnolóxica e organizativa así como a realización de plans estratéxicos de mellora empresarial. O Instituto apoiará a elaboración de estudos e diagnósticos para a toma de medidas específicas destinadas á elaboración de plans e protocolos de sucesión na empresa familiar, proxectos de estudo e implantación de medidas de responsabilidade social corporativa (RSC) ou análisis económico-financeiros nas pemes para establecer as hipóteses e previsión de necesidades financeiras a curto prazo e titorización na negociación coas entidades financeiras.
Titorización de innovación e competitividade
Entre as novidades do Plan neste ámbito de mellora da competitividade está dar impulso, mediante consultoría externa, aos análisis económico-financeiros nas pemes, para establecer as hipótesis e previsión das súas necesidades financeiras a curto prazo, así como a titorización na negociación coas entidades financeiras, achegando un plan que incremente as posibilidades de obtención de financiamento bancario.
Outro dos novos incentivos será para facilitar a titorización de innovación e competitividade nas pemes. Consistirá na realización de titorías presenciais para orientar o negocio e a xestión da empresa cara á innovación e a mellora da competitividade, mediante a inmersión na peme de profesionais da consultoría estratéxica.
O Plan re-Forza do Instituto para o próximo ano tamén modificará os incentivos a proxectos colectivos empresariais, facilitando o acceso dos solicitantes mediante a flexibilización dos apoios, con impulsos específicos para a formación directiva e a especialización de profesionais das pemes galegas. Entre as principais novidades neste eido están os proxectos de inmersión profesional, destinados a facilitar a inserción de persoal en empresas ou centros tecnolóxicos de fóra de Galicia, tanto nacionais como internacionais.
Intensificación da internacionalización
A aposta decidida da Xunta de Galicia pola internacionalización da peme galega ten un claro reflexo nos presupostos do Igape para o ano 2010 (o orzamento sube un 56%) e procurará limar as carencias que rexistran as exportacións galegas. Para reverter esta situación, cómpre potenciar a internacionalización das pemes galegas achegándolles novas oportunidades e espazos de negocio.
O Igape proponse dar en 2010 un impulso que sitúe a Galicia e as súas empresas nos mercados actualmente máis dinámicos e con maior potencial de adquirir os nosos produtos e servizos. Para logralo, impulsarase unha política que, sen esquecer os mecanismo de apoio económico as subvencións- presentes ata a data, poña en valor o desenvolvemento de políticas relativas a:
Entre as iniciativas máis novidosas neste ámbito cómpre salientar unha liña de prospección internacional mediante oficinas e exposicións permanentes, e outra de marqueting, comunicación e imaxe de marca. No eido dos servizos, está previsto impulsar unha rede de plataformas empresariais no exterior para facilitar o negocio das empresas galegas, que disporán dun espazo con personal cualificado nativo e servizos de asesoramento.
Tamén se procurará dar pulo á internacionalización apoiando a creación de consorcios de exportación e redes de colaboración con axencias de desenvolvemento rexional de Alemaña, China, Xapón e USA, así como a interacción cos organismos financeiros multilaterais como o Banco Interamericano de Desenvolvemento ou o Proxecto Reserga, orientado á internacionalización dos servizos de enxeñería galegos nos emerxentes mercados latinoamericanos. Por outra banda, procederase á redifinición da relación de Galicia cos empresarios galegos no exterior para procurar darlle un impulso definitivo; para acadalo, deseñarase un Plan estratéxico da Galicia empresarial na diáspora que permitirá potenciar a rede actualmente existente.
Apoios concedidos en 2009
As axudas concedidas a través das distintas liñas de apoio das que dispón o Igape (apoios directos e coxestionados) medraron en 2009 nun 207,6% con respecto ao ano anterior, pasando de 208 a 640 millóns de euros; o incremento foi especialmente significativo (+1.145%) no apartado dos préstamos subsidiados, pero foi igualmente importante nos capítulos de avais (+148%) e tamén no de subvencións e préstamos directos (+14,4%).
Deste xeito, os investimentos empresariais totais apoiados en 2009 ascenderon a 1.449 millóns de euros, cun incremento do 46% sobre as cifras de 2008. Entre os aspectos salientables cómpre destacar o investimento xerado polo plan re-Móvete, que movilizou vendas de automóbiles por importe de 359 millóns de euros.
As solicitudes de axuda recibidas polo Igape en 2009 ascenderon a 33.706, multiplicando por 4,3 as recibidas polo Instituto en 2008. As cifras de solicitudes resoltas durante o ano pasado multiplica por 6,4 os datos correspondentes ao ano anterior. Debido ás medidas de mellora da xestión introducidas durante o exercicio pasado, o Igape resolveu un número similar o das solicitudes recibidas, pese a rexistrar un incremento de solicitudes dun 428%. |
|
| Última actualización ( 14/01/2010 ) |


Desde o convencemento de que as dificultades de acceso ao financiamento son de especial relevancia na actividade empresarial, as liñas de incentivos ao investimento contemplarán o anticipo parcial das subvencións concedidas, cumprindo así, por primeira vez, un obxectivo dobre: o de incentivo económico e o de prefinanciamento parcial dos proxectos que resulten aprobados. Deste xeito, o Instituto confía en estimular a posta en marcha de novos proxectos de investimento empresarial, aspecto fundamental para impulsar a reactivación da economía. Outra das novidades salientables neste ámbito será unha nova liña para apoiar os investimentos en equipamento no sector dos servizos, facilitando financiamento para proxectos de empresas de todas as actividades económicas non industriais, que non podían acollerse aos incentivos do Igape para investimentos.