Touriño presidiu a entrega dos Premios Transfronteirizos á Excelencia Empresarial en Ourense PDF
ImageO conselleiro de Economía e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, e o director xeral do Instituto, José Antonio Delgado Arce, entregaron os galardóns da categoría de Novos Emprendedores ás empresas Blusens e Ecocelta.
 
Ourense, 16 de abril de 2007.- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, foi o encargado de presidir a cerimonia de entrega da III Edición dos Premios Tranfronteirizos á Excelencia Empresarial, concedidos pola Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). Durante o acto fíxose entrega dos galardóns ás dezasete empresas galegas e do norte de Portugal que foron premiadas nas categorías de Internacionalización, Responsabilidade Social Corporativa, Innovación e Novos Emprendedores.
 
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, e o director xeral do Instituto, José Antonio Delgado Arce, fixeron entrega dos galardóns aos representantes das empresas Blusens e Ecocelta, firmas coruñesa e pontevedresa respectivamente, que obtiveron o Premio Transfronteirizo á Excelencia Empresarial no apartado de Novos Emprendedores.
 
ImageDurante o acto, que se desenvolveu en Ourense, o presidente do Executivo galego apelou ao liderado dos empresarios para consolidar o potente crecemento económico e a competitividade de Galicia.
 
Neste sentido, destacou  o apoio á dinamización da iniciativa privada, a través das axudas á internacionalización, do impulso da produtividade e da competitividade como unha das liñas extratéxicas da política económica do Goberno da Xunta, co fin de establecer proxectos estratéxicos de investimento en Galicia e fomentar a cultura emprendedora.
 
Touriño tamén apelou á necesidade de afondar nos intercambios comerciais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal pola importancia que a zona está a acadar neste eido.
Última actualización ( 28/05/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design