Presentación PDF
 
AVISO: Os días 24 e 31 de Decembro non serán laborables nas oficinas do IGAPE.
 
Esta páxina contén todos os puntos de acceso relacionados coa tramitación telemática de expedientes no IGAPE. Pode examinar os enlaces á dereita para obter máis información sobre a forma de acceso e outras particularidades dos servizos.

Para o acceso a determinados servizos (marcados co gráfico) é necesaria a utilización dun certificado electrónico X509 v.3 expedido por entidade certificadora aceptada pola Consellería de Economía e Facenda.

Os servizos dispoñibles neste momento son os seguintes:

  • Comprobación de documentación expedida polo IGAPE. Se vostede ten un documento en papel, sen validación por parte do IGAPE, e cun código “IDE”, pode comprobar neste apartado a validez do mesmo, (nun futuro tamén poderá obter dito documento asinado electrónicamente polo IGAPE).

  • Cuestionarios de definición de proxecto definidos en diversas bases reguladoras de axudas do IGAPE (Mellora da Productividade, Acción Exterior, etc) nas que se cita específicamente este modo de tramitación. Necesita  certificado electrónico só no caso de que desexe presentalo telemáticamente.

  • Cuestionarios de definición de proxecto definidos na Resolución do 9 de maio de 2005 na que se fan públicas as bases reguladoras das axudas do IGAPE para a elaboración de diagnósticos empresariais.  Necesita certificado electrónico só no caso de que desexe presentalo telemáticamente.

  • Notificación telemática. Se vostede elixiu que as notificacións do IGAPE lle sexan entregadas por vía telemática, debe comprobar con frecuencia este servicio.

  • Extranet de entidades colaboradoras. A través deste enlace, as entidades colaboradoras do IGAPE (por exemplo, entidades financeiras) poden xestionar os seus expedientes en trámite.
Última actualización ( 25/12/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design