Préstamos para apoiar os investimentos de emprendedores e pemes mediante a liña Igape-ICO 2009 PDF
Habilitar unha liña de financiamento axeitada para apoiar a microempresas e pequenas e medianas empresas que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia, ou no estranxeiro, mediante algunha das líñas do Instituto de Crédito Oficial de apoio a empresa (ICO 2009), é o obxectivo que busca o Igape mediante as bases reguladoras que veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia.
 
Santiago, 19 de abril de 2009.- A liña publicada no DOG o pasado 17 de abril de 2009 ten como beneficiarios a emprendedores, microempresas ou pemes que formalicen operacións de crédito con cargo a algunha das catro liñas ICO 2009 de apoio a empresa: Peme, Crecemento, Emprendedores ou Internacionalización, por un importe superior a 25.000 euros e cumpran coas condicións específicas establecidas nas bases reguladoras e no convenio correspondente.  O apoio achegado polo Igape consiste na subsidación ao xuro dos préstamos ou contratos de leasing concedidos polas entidades financeiras ao abeiro deste programa.
 
No marco da liña ICO-PEME, para investimentos en Galicia, poderán concederse préstamos de ata 1,5 millóns de €. Esta contía máxima é tamén a establecida para prestamos na Liña Internacionalización, destinada a apoiar investimentos de empresas galegas fóra de España.
 
Na liña Crecemento, tamén para apoiar investimentos en Galicia, os préstamos subsidiados poderán chegar ata 6 millóns de euros. E, finalmente, na  liña Emprendedores, para microempresas constituidas a partir del 1 de xaneiro de 2008 ou ben profesionais que se dean de alta no IAE dende esa data, os préstamos subvencionados poderán ser de ata 200.000€.
 
A subsidiación das operacións de préstamo/leasing acollidas a este convenio será, con carácter xeral, de 0,65 puntos. No caso de investimentos en localizacións preferentes (os 262 concellos de dinamización prioritaria, de acordo co Plan de Reequilibrio Territorial) a subsidiación será de 2,65 puntos. No caso de que a operación fose avalada por unha SGR , a comisión do aval financeiro prestado, poderá ser integramente subvencionada polo Igape, sempre que non fose asumido dito coste polo ICO.
Última actualización ( 20/04/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design