Préstamos para innovación tecnolóxica PDF
Índice de artigos
Préstamos para innovación tecnolóxica
Programa de préstamos para financiamento de innovación
Dotación para a concesión dos préstamos
Características do programa
Solicitude
Operativa do préstamo
Xuros con demora
Amortización anticipada
Incumprimento do préstamo
Garantías
Dereito privado
Seguimento e control
Disposición derradeira
 
Os préstamos para innovación tecnolóxica establécense co obxectivo de financiar o desenvolvemento e/ou implantación en galicia de proxectos empresariais en materia de innovación tecnolóxica

Beneficiarios

Sociedades mercantís que desenvolvan os seus proxectos na Comunidade Autónoma de Galicia e que pertenzan aos sectores de actividade recollidos no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005.

Tipos de apoios

Préstamos ou créditos destinados a atender os gastos e investimentos para o desenvolvemento e/ou implantación do proxecto de innovación.

Requisitos dos beneficiarios

  • Desenvolver os seus proxectos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Pertencer aos sectores de actividade recollidos no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005.

Actividades subvencionables

Proxectos referidos a:·

 Actividades de desenvolvemento relativas a:

        • Investigación industrial.
        • Actividades de desenvolvemento precompetitivas.
        • Proxectos de demostración.

Implantación de proxectos de innovación.

Conceptos subvencionables

As operacións financeiras destinaranse a atende-los gastos e investimentos para a implantación e desenvolvemento do proxecto empresarial.
 
Temas relacionados:
 
 


Última actualización ( 20/07/2011 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design