| Préstamos para innovación tecnolóxica |
|
|
Páxina 4 de 13
Características do programa
Prestameiras: sociedades mercantís que cumpran os seguintes requisitos: a) Desenvolvan un proxecto de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia. Excepcionalmente, o Igape tamén poderá conceder préstamos ou créditos a empresas establecidas en Galicia para actividades ou proxectos para realizar fóra da comunidade autónoma, valorándose neste caso especialmente o mantemento da actividade en Galicia da solicitante. b) Pertenzan aos sectores de actividades recollidos no Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005, isto é: -Recursos agropecuarios. c) Acrediten a súa capacidade técnica para o seu desenvolvemento e capacidade financeira suficiente para cubrir con recursos propios un mínimo do 30% do orzamento total do proxecto. Con carácter previo á súa resolución, o Igape solicitará o informe da Consellería de Innovación, Industria e Comercio respecto do grao de innovación e viabilidade técnica do proxecto, que deberá ser favorable para a concesión do préstamo. Finalidade: financiar o custo das seguintes actividades: 1.1. Actividades de desenvolvemento relativas a: a) Investigación industrial, entendida como investigación planificada ou os estudos críticos que teñan por obxecto a adquisición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos produtos, procesos ou servizos, ou contribuír a mellorar os existentes. b) Actividades de desenvolvemento precompetitivas, consistentes na materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, bosquexo ou deseño para produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abranguer tamén, a formulación conceptual e os deseños doutros produtos, procesos ou servizos. c) Proxectos de demostración, destinados ao desenvolvemento de experiencias piloto ou demostracións para aplicacións industriais ou para a súa explotación comercial. 1.2. Implantación de proxectos de innovación dirixidos á produción directa de novos produtos, á creación de novos procesos ou á prestación de novos servizos ou a obter melloras substanciais nos xa existentes. Importe de financiamento: con carácter xeral ata o 50% do orzamento do proxecto, podendo excepcionalmente acadar ata o 70%. O importe mínimo do préstamo será de 60.000 e o máximo de 300.000 , cun límite máximo de risco vivo por prestameira de 600.000 . Excepcionalmente, por acordo do Consello de Dirección do Igape, estes límites poderán ser superados. O préstamo do Igape será compatible con outras fontes de financiamento públicas e/ou privadas, tanto subvencións como préstamos. O importe do préstamo do Igape limitarase á parte que non cubran as ditas fontes de financiamento alternativas. Prazo e carencia: o prazo de reembolsamento das operacións será como máximo de 7 anos. O prazo de carencia do principal e xuros establecerase para cada operación segundo as características do proxecto. A carencia de xuros levará canda si a súa capitalización co principal.
Tipo de xuro: variable: Euribor a seis meses máis 0,50 p.p. Liquidación de xuros e amortización: a liquidación de xuros será semestral sen prexuízo dos períodos de carencia que se establezan. Os prazos de devolución determinaranse contractualmente dentro dos límites establecidos.
|
|
| Última actualización ( 20/07/2011 ) |


