| Préstamos para innovación tecnolóxica |
|
|
Páxina 5 de 13
Solicitude
Os interesados presentarán nas oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ou en calquera das formas previstas pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ademais de todos os antecedentes que se consideren necesarios para a adecuada análise de viabilidade da operación, o formulario de solicitude (anexo II), que deberá estar acompañado da seguinte documentación por duplicado: -Cuestionario-memoria do proxecto (anexo III). -Plan de disposición de fondos o que, unha vez acordado, condicionará os prazos de dispoñibilidade da operación financeira e con base na xustificación documental da execución das programacións anteriores. -Descrición das garantías que, se é o caso, se ofrezan para cubrir o risco da operación. -Contas anuais correspondentes aos dous últimos exercicios. -Autorización ao Igape para recadar a información acreditativa da solvencia e situación patrimonial, segundo anexo IV (deberase cubrir a autorización na súa versión en castelán). -Certificación acreditativa de atoparse ao día das obrigas fiscais, coa Administración autonómica e a Seguridade Social, expedida polos respectivos organismos. -Documentación administrativa da empresa (CIF, DNI do asinante da solicitude, escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente). -Declaración expresa das axudas solicitadas para o mesmo proxecto (anexo V).
-Calquera outra documentación ou información adicional que considere conveniente para unha correcta análise da solicitude.
|
|
| Última actualización ( 20/07/2011 ) |


