| Produtores de Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras lánzanse á conquista do mercado brasileiro |
|
|
Dez adegas galegas das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras participaron na misión comercial a Brasil organizada por Bic Galicia e o Igape. A iniciativa promocional, que tivo por obxecto abrir novos mercados para os produtores galegos, contou coa colaboración das asociacións de empresarios galegos en Brasil.
Santiago, 24 de abril de 2009. - As adegas que participaron nesta misión promocional foron, Vitivinícola do Ribeiro, Adegas Tollodouro, Couto de Gomariz, Viños Ruchel, Adegas Castrocelta, Vilarvin, Adega dous Eidos, Viña Almirante e a Cooperativa Larouco.
O obxectivo da viaxe foi achegar coñecemento ao bodegueiro galego sobre as oportunidades comerciais que presenta o mercado de Brasil e promover os viños galegos entre os líderes de opinión orientada ao consumo no país. Os produtores participantes participaron nunha recepción desenvolvida na Casa de España en Río de Janeiro, contando coa asistencia de prensa especializada e destacados representantes da canle Horeca (Hostalaría, restauración e catering) en Brasil. O acto de presentación celebrado en Río de Janeiro contou tamén coa participación activa dos empresarios galegos asentados na cidade. Con esta acción promocional pretendíase a prescrición comercial do hostaleiro galego. Na misión comercial, que se celebrou do 19 ao 24 de abril, os bodegueiros tiveron a oportunidade de reunirse con importadores en Río de Janeiro e Sao Paulo e presentaron os seus viños en ambas as dúas cidades. En Sao Paulo, a Cata de Viños Galegos celebrouse nas instalacións de Cámara Comercial Española. Os representantes das adegas participantes valoraron moi positivamente esta acción e os contactos comerciais realizados, e coincidiron en que se trata dun mercado moi interesante para os viños de gama media e alta, polo alto poder adquisitivo de moitos brasileiros e polo seu interese pola cultura do viño. |
|
| Última actualización ( 29/04/2009 ) |


