| Programa Re-Acciona |
|
|
AVISO: Desde o 30/3/2012 xa pode pedir a súa visita de pre-diagnóstico solicitándoo no enderezo
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
O IGAPE está poñendo en marcha o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles. Para comezar esta labor, o IGAPE realizará visitas de "pre-diagnóstico" a 1.000 empresas de toda Galicia, co fin de detectar as súas necesidades reais e orientalas cara aos servizos que poidan resultarlles máis útiles.
A continuación, co apoio dos mellores especialistas, ofreceranse diferentes servizos para a realización de:
a) Diagnósticos de internacionalización gratuitos para e detectar o potencial de cada peme, de cara á súa implantación nos mercados internacionais máis interesantes para a súa actividade. b) Diagnósticos integrais de competitividade gratuitos, realizados en estreita colaboración co empresario e o equipo directivo da empresa, para involucralos no proceso de evolución, e que facilitan métodos e ferramentas para establecer a situación da empresa en 44 aspectos clave da súa xestión. Obteranse ademáis unha serie de medidas concretas e priorizadas que se poderán aplicar na empresa de forma inmediata para a mellora dos seus resultados.
c) Ata 10 tipos de servizos avanzados de competitividade a custes moi reducidos para a empresa en dúas áreas:
Servizos avanzados de profesionalización: 1. Optimización financeira e mellora de circulante 2. Profesionalización da produción 3. Relanzamento comercial 4. Control de xestión / xestión por procesos 5. Imaxe e comunicación empresarial Servizos avanzados para o desenvolvemento estratéxico:
6. Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial 7. Desenvolvemento de plans de acción 8. Plans e protocolos de empresa familiar 9. Idenficación de redes de cooperación e socios 10. Transformación radical do negocio (sobre todo en sectores maduros d) Un programa de bolseiros que integrará 100 mozos especialistas recén titulados nas empresas para reforzar a capacidade das pemes no momento de implantar as melloras mediante servizos avanzados. Deste modo os participantes neste programa terán a oportunidade de converterse en expertos, recibindo formación teórico-práctica, ao tempo que colaboran na prestación dos servizos.
IMPORTANTE: se quere estar ao tanto dos detalles deste programa, subscríbase ao boletín do IGAPE pulsando aquí.
|
|
| Última actualización ( 30/03/2012 ) |


O IGAPE está poñendo en marcha o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles. 
