Publicacions
Guía sobre Capital Risco e Corporate Finance para emprendedores e business angels PDF
Esta guía foi desenvolvida polo Instituto de Empresa Executive Education dentro das actividades do proxecto europeo AT Venture, cofinanciado pola Comision Europea a través da iniciativa Interreg IV B Arco Atlántico, e no que participa o Igape.
Entre outros contidos a guía inclúe ferramentas financeira, para valoración de empresas mediante ratios, análise e valoración de investimentos, valoración do negocio dunha empresa, aspectos referidos á negociación con investidores de capital risco ou como avaliar un Plan de Negocio.
Last Updated ( Wednesday, 13 July 2011 )
 
AT Venture: Estudo do Capital Risco e Business Angels no Espazo Atlántico PDF
No marco do proxecto AT Venture e contando coa participación da Consellería de Economía e Industria da Xunta, a través do Igape e Xesgalicia, realizouse un exhaustivo estudo dos recursos de capital risco, financiado polo Programa Operativo de Cooperación Territorial Espazo Atlántico; é o “Análise dos instrumentos de capital risco e redes de business angels nas rexións atlánticas?”
O Proxecto AT Venture, liderado polo CEEI Asturias, implica a socios de catro Estados do Espazo Atlántico: IGAPE e Xesgalicia (Galicia), SODERCAN (Cantabria), ADE Financiamento (Castela e León) de España; a Axencia de Desenvolvemento Rexional da rexión portuguesa do Alentejo (ADRAL); a South West Rexional Authority (SWRA) de Irlanda; e o Shetland Islands Council, do Reino Unido.
O traballo inclúe unha descrición da situación do Capital Risco (CP) e os Business Angels (BA) nas rexións asociadas no programa AT Venture, unha análise detallada das tendencias tanto en capital risco como en Business Ángels en Europa, así como unha recompilación de boas prácticas dos territorios asociados e de zonas líderes en Europa, e o impacto do Capital Risco e os Business Angels na creación e desenvolvemento das empresas innovadoras.
Entre outros contidos, o estudo conta cun directorio dos operadores de Captial Risco e as principais redes de Business Angels que operan nas zonas participantes en AT Venture.
 
Last Updated ( Wednesday, 12 January 2011 )
 
Ideas, Accions, Empresas PDF

    Procurar que agromen novas iniciativas de emprendemento, que se desenvolvan plans para empresas viables e que se implanten novas sociedades en Galicia son algúns dos obxectivos prioritarios do Igape
    Esta publicación recolle unha mostra ilustrativa de ideas que veñen de se converter en empresas contando con servizos ou apoios facilitados polo instituto ou pola súa sociedade BIC Galicia. O obxectivo, neste caso, e amosar mediante os exemplos escollidos para esta ocasión –a escolma podería ser outra–, as posibilidades de acción formativa, servizo, ferramenta, apoio ou colaboración que o emprendedor, o empresario ou o xestor dun organismo intermedio pode atopar no Igape.
Last Updated ( Wednesday, 12 January 2011 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design