| Punto Pasión Playa, co apoio do programa Emprendedores, imparte cursos de 'windsurf' e 'catamarán' |
|
|
Santiago, 19 de outubro de 2006.- O ex-deportista olímpico Jorge Maciel Andrés, dirixe persoalmente unha innovadora escola de deportes náuticos afincada dende hai un ano na cidade de A Coruña. A nova escola, sen precedentes na cidade herculina, ofrece cursos de iniciación e perfeccionamento a aqueles que se interesen polos deportes que se desenvolven no medio mariño. A empresa creouse en agosto de 2005 a través do Programa Emprendedores e contou co asesoramento do Igape, para a súa constitución. O proxecto Pasión Playa naceu en Francia hai xa máis dunha década, como proxecto pioneiro que permitise Logo do prometedor empezo de Punto Pasión Playa nas Rías Baixas, faltaba gañar as praias das Rías Altas galegas. Jorge Maciel Andrés, antigo deportista olímpico, participante en Atlanta 96 e en Sidney 00 co equipo español de vela, viu deste xeito o camiño para continuar apegado profesionalmente á súa paixón: os deportes náuticos. Tomando como referenza a praia de Oza, na cidade de A Coruña, onde xa existía unha edificación de madeira construída para facilitar a actividade de monitores de actividades acuáticas, Jorge Maciel, na compaña doutro socio que xa participara no mesmo proxecto desenvolvido nas Rías Baixas e que participa co 20% do capital, proponse crear a primeira escola coruñesa de deportes acuáticos. O centro, potenciado pola Federación Galega de Vela, ademais de ofrecer cursos durante todo o ano, achega material náutico a todos os seus asociados e organiza competicións e certames deportivos. Atrancos coa concesión Segundo declara Jorge Maciel, os tramites de constitución da empresa foron doados. Maciel acudíu ás oficinas do Igape para solicitar información sobre as posibles axudas existentes e aproveitou as facilidades que ofrecía o Programa Emprendedores do Igape para botar a andar a súa idea. Máis atrancos lle xurdiron para acadar a concesión das instalacións de madeira existentes na praia de Oza. Case un ano tivo que agardar, sumando o tempo de tramitación da concesión do edificio perante o Ministerio de Medio Ambiente e, máis adiante, a demora na concesión do permiso de apertura na concellalía de Urbanismo de A Coruña. Mais ao remate, en agosto de 2005, Punta Pasión Playa de A Coruña puido abrir as súas portas ao mar e, neste primeiro ano de actividade o balanzo é, segundo os seus promotores, certamente positivo, non só na temporada estival, senón tamén cos cursos continuos desenvolvidos en inverno por aqueles que queren dedicar máis tempo aos deportes acuáticos que o estritamente estival. Nun futuro non moi lonxano, nun principio de cara a 2008, Punto Pasión Playa de A Coruña, ten en proxecto abrir novas escolas noutras praias de rías próximas e seguir promocionando o proxecto polas rías Altas de Galicia. |
|
| Última actualización ( 19/01/2007 ) |



empregar os areais franceses como rampas de acceso ao mar co fin de fomentar a práctica de actividades náuticas ao longo de todo o ano. En 2001 a Federación Galega de Vela segue o mesmo exemplo, comezando coa montaxe de infraestruturas que facilitasen, a través de programas de fomento, a continuidade na tempada de inverno que en deportes náuticos vai de outubro a marzo-, a práctica de deportes náuticos iniciada no verán. A escola está aberta a todos os públicos, cun rango de idade que adoita abranguer entre os 10 e os 55 anos, con maioría de xente nova nas clases de windsurf. Os máis adultos adoitan preferir os cursos de catamarán.