Resumo PDF
Índice de artigos
Resumo
1. Antecedentes e finalidade
2. Obxecto
3. Requisitos para a Cualificación como Axentes Mediadores
4. Presentación de Sollicitudes para a Cualificación como Axentes Mediadores
5. Cualificación como Axente Comercial Mediador
6. Efectos da cualificación como Axentes Mediadores
7. Causas de revogación da Cualificación
8. Publicidade

1. Antecedentes e finalidade
 
BASES REGULADORAS PARA A CUALIFICACION DE AXENTES COMERCIAIS MEDIADORES  NO EXTERIOR PARA O APOIO Á INTERNACIONALIZACION DA EMPRESA GALEGA

En cumprimento das funcións conferidas pola súa Lei de creación nº 5/92, do 10 de xuño, corresponde ó IGAPE proporcionar información sobre mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras, coa finalidade última de incrementar o número de empresas galegas exportadoras e favorecer a súa penetración en novos mercados, de modo que se consolide a presencia internacional das empresas galegas.

Para desenvolver os servizos de apoio á internacionalización da empresa galega nos mercados internacionais, considérase necesario contar cunha rede contrastada de axentes comerciais mediadores no exterior para a internacionalización da empresa galega.

Trátase de poder proporcionar información ás Pemes galegas sobre expertos en comercio exterior con amplos coñecementos de mercado do pais de ubicación, previamente contrastados polo IGAPE.
 
Última actualización ( 19/01/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design