| Resumo |
|
|
Páxina 3 de 9
2. Obxecto
Cualificación de axentes comerciais mediadores no exterior para a prospección de mercados e apoio á internacionalización da empresa galega.
Estes axentes deben ser expertos en comercio exterior, canais de distribución e servizos á internacionalización, con gran coñecemento do mercado do país para o que soliciten a cualificación. Se ben en principio, interesa seleccionar axentes naqueles países con máis oportunidades para as empresas galegas, non se establecen a priori limitacións xeográficas, xa que se pretende que a selección estea aberta a todos os países para os que se reciban solicitudes, pois todos poden ser puntualmente obxecto de interese para as empresas galegas. Cualificaranse todos os axentes que superen unha determinada puntuación na avaliación dos criterios. En caso de que un solicitante acredite que dispón -directamente ou por acordo explícito (sempre que os colaboradores acrediten que cumpren as condicións establecidas nas bases para os axentes)-, dunha rede internacional de oficinas e servizos comerciais en varios países, poderá ser axente mediador en todos ou en parte deses países. |
|
| Última actualización ( 19/01/2007 ) |


