Seminarios de Creación de Empresas On-Line PDF
Cursos de 125 horas que teñen como obxectivo que o emprendedor elabore un proxecto de empresa a partir dunha idea empresarial, favorecendo o intercambio de experiencias e metodoloxías na elaboración de proxectos e coñecendo o funcionamento dunha plataforma a través de internet, practicando así o uso das novas tecnoloxías
  • ¿Que se pretende con este curso?

Preténdense dúas cousas: por unha parte, dotar dos elementos necesarios para avaliar unha idea de negocio dunha maneira simple e práctica e, por outra, realizar un plan de empresa, cunha estructura determinada e co apoio dunha ferramenta informática.

  • ¿Que vou obter se o fago?

Unha avaliación dunha idea de negocio.

Ter unha visión xeral, ampla e defendible do proxecto de empresa.

Poder transformar unha idea de negocio nun proxecto de empresa.

Coñecer unha ferramenta informática para a elaboración de plans de empresa.

Coñece-lo uso dunha plataforma de teleformación.

  •  ¿É un curso en liña?

Si, é un curso en liña. Faise a través de internet, pero isto non significa que non haxa traballo para o alumno; de feito, existe todo un conxunto de actividades imprescindibles para o aproveitamento do curso que o alumno ten que facer.

Tamén se considerou moi necesario complementar esta formación con algunhas sesións presenciais, polo que non é exclusivamente en liña.

  • ¿Que necesito para poder facelo?

En principio, ter unha idea de negocio minimamente madura.

Dispor, do equipamento necesario:

Hardware: chega cun equipo das características estándar do ano 1985-1986. O verdadeiramente importante é dispor dunha conexión a internet de boa calidade e independente doutros dispositivos.

Software: é necesario, como mínimo, dispor da versión 97 das aplicacións de Microsoft Office e doutras aplicacións necesarias e moi utilizadas en internet e, no caso de non as ter, proporcionámo-los enlaces axeitados para facerse con elas de maneira gratuíta.
Última actualización ( 19/04/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design