| Seminarios de Difusión da Cultura Emprendedora |
|
Páxina 1 de 3 Seminarios de curta duración que teñen como obxectivo motivar a pontenciais emprendedores a través da exposición de casos reais de empresas postas en marcha recentemente
Os Seminarios de Difusión para a creación de empresas nacen co obxectivo de crear e impulsar a inquietude de emprender, na sociedade galega. Neles analizarase cómo se xeran as ideas empresariais e rómpense os mitos sobre a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos, que calquera persoa, con gañas e esforzo, pode desenvolver un proxecto empresarial.
A metodoloxía apoiase na análise de casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galicia, nos que se abordan aspectos como o seu historial, os ecursos dos que dispoñía, a orixe da súa idea empresarial, as motivacións que lle levaron a desenvolver o seu proxecto, as dificultades que tivo que superar e as ameazas que se avistan no seu sector ou mercado, así coma os factores aos que se pode atribuís o éxito da súa empresa. A través deses casos reais, analízanse os conceptos de emprendedor, idea empresarial e plan de empresa. Cunha duración aproximada de 3 horas, os seminarios están estructurados en tres grandes bloques: a figura do emprendedor ( abórdanse aspectos coma as aptitudes desexábeis nun emprendedor, as habilidades, coñecementos e actitudes necesarias, os mitos que hai que superar ou as diferentes motivacións que impulsan a emprender), a idea empresarial (analízase o concepto que queremos vender e cal será o perfil do noso cliente potencial e as distintas fontes de ideas), e o proceso de posta en marcha (analízase cómo levar a cabo a transformación da "idea" en "proxecto", a necesidade de desenvolver un plan de empresa rigoroso e os recursos humanos e materiais que son necesarios para poñer en marcha o proxecto).
Os seminarios para a Difusión da Creación de Empresas son totalmente gratuítos e están orientados a un perfil de asistente moi variado; dende persoas con inquedanzas emprendedoras (tanto traballadores en activo coma desempregados), ata estudiantes de todos os ciclos que, próximos á súa incorporación ao mundo laboral, deben coñecer opcións alternativas ao traballo por conta allea. As inscricións deberán efectuarse nas oficinas das entidades que colaboran con BIC GALICIA na súa organización, e que adoitan ser entidades locais de promoción económica de toda Galicia, universidades e centros formativos, asociacións de empresarios, etc.. Para obter máis información pode chamar o teléfono 981 546825 ou ben realizar a súa consulta a través do correo electrónico en
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Temas relacionados:
|
|||||
| Última actualización ( 19/04/2007 ) | |||||

Os Seminarios de Difusión para a creación de empresas nacen co obxectivo de crear e impulsar a inquietude de emprender, na sociedade galega.