Seminarios de Planificación Empresarial PDF
Article Index
Seminarios de Planificación Empresarial
Metodoloxía
Organización
Prazas
Lugar, custo e perfil asistentes
Curso de 30 horas orientado a testar a viabilidade de potenciais ideas empresariais e dar a coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do Plan de Empresa
Os Seminarios de Planificación Empresarial axudarán a coñecer os conceptos básicos necesarios para enfocar o Plan de Negocio, deseñar o Proxecto de Empresa e contrastar a viabilidade do mesmo, en sesións eminentemente prácticas e impartidas por profesionais recoñecidos do mundo da empresa e da formación.

Estes seminarios, de carácter gratuíto, constan de cinco sesións de formación presencial de cinco horas cada unha, dúas de asesoramento individual e unha derradeira onde os emprendedores presentan o seu proxecto.
 
ImageNas sesións de formación facilítase ó emprendedor a metodoloxía e instrumentos necesarios para o desenrolo dun plan de empresa, de maneira que nas tres primeiras sesións traballarase o entorno da empresa, a súa organización interna, o análise do mercado, proceso productivo ou de prestación dos servicios, etc. As dúas sesións finais servirán para analizar en profundidade a viabilidade económica do proxecto.

Como complemento a estas sesións, cada participante nos Seminarios de Planificación Empresarial disporá de dúas sesións de titoría individualizada; a primeira despois da 2º ou 3º sesión, e a segunda con posterioridade á realización da sesión final. Desta maneira, o emprendedor debe traballar no seu proxecto tanto na acción formativa como durante a titoría.

Os Seminarios de Planificación Empresarial están orientados a mozos, estudiantes, traballadores en activo, desempregados e, en xeral, a todas aquelas persoas que teñan unha idea empresarial concreta para traballar sobre ela.

As inscricións deberán efectuarse nas oficinas das entidades locais de promoción económica que colaboren co desenvolvemento de cada seminario.

Para obter máis información poden chamar o teléfono 981.54.68.23 ou realizar unha consulta a través do correo electrónico  This email address is being protected from spam bots, you need Javascript enabled to view it

Temas relacionados:

 


Last Updated ( Thursday, 19 April 2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design