Seminarios de Xeración e Maduración de Ideas PDF
Índice de artigos
Seminarios de Xeración e Maduración de Ideas
Metodoloxía
Organización
Prazas, lugar, custo, perfil dos usuarios
Ferramenta de formación mixta que ten como obxectivo que o asistente poida xerar, madurar e avaliar cualitativamente a súa idea de negocio

Un dos elementos fundamentais para a posta en marcha de iniciativas empresariais é dispor de boas ideas e traballar convenientemente sobre as mesmas, pois é fácil fracasar no análise da futura empresa se non se dispón de un mínimo de maduración previa da idea.

Os talleres de Xeración e Maduración de ideas pretenden servir de instrumento para axudar ó emprendedor a coñecer as fontes de obtención de ideas empresariais.

Establecendo o proceso de maduración da mesma ata que acade a categoría de punto de partida dunha empresa, chegando desta maneira a realizar unha primeira aproximación á análise da viabilidade económica do proxecto.

ImageEstes talleres son de carácter gratuíto e desenvolveranse en 21 horas divididas en tres sesións de traballo. Así, na primeira analizarase as formas de xerar ideas; a segunda servirá para traballar na maduración de esas ideas; e na derradeira sesión farase unha aproximación a avaliación da idea.

Os asistentes deberán ter a motivación e predisposición necesaria para xerar ideas e iniciar o proceso de maduración para a súa primeira avaliación. Esixirase un mínimo de traballo individual sen o cal non se poderá acadar os obxectivos que se propoñen para o Taller. Non é necesario dispor de ningunha idea previa. No caso de dispor dela, durante a primeira fase do taller, traballarase como si esta non existira, utilizándoa a partir da segunda sesión. 

As inscricións deberán realizarse nas oficinas das entidades locais de promoción económica que colaboren no desenvolvemento de cada Taller.

Para obter máis información poden chamar o teléfono 981.54.68.23 ou realizar a súa consulta a través do correo electrónico en Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .

Temas relacionados:
 
 


Última actualización ( 19/04/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design