Seminarios de Xestión Empresarial PDF
Cursos de 132 horas de duración que teñen como obxectivo que o emprendedor acade os coñecementos necesarios sobre a creación dunha empresa e a súa posterior xestión
 
ImageOs seminarios de Xestión Empresarial son cursos de 132 horas de duración, desenrvolvidos no horario de fins de semana para facilitar a súa compatibilidade con outras tarefas; ten como finalidade que o emprendedor logre elaborar un Plan de Empresa que lle sirva de guía para a creación do seu negocio.
 
Unha vez superado o proceso de selección, os promotores participantes poderán tomar parte en todos os módulos de que consta o temario do seminario completo, ou só aqueles que necesite, xa sexa por a súa propia formación ou por as características do proxecto. Trátase, por tanto, dunha formación de carácter modular, especialmente deseñada para adaptarse a cada caso concreto.Todos estes módulos aportan un completo contido tanto teórico como práctico en materia de creación e xestión empresarial.
 
Paralelamente as sesións formativas , o emprendedor contará de maneira permanente coa axuda dun titor, que será quen lle guíe na elaboración do Plan de Empresa e lle asesore en todas as dúbidas que lle poidan aparecer.
Unha vez terminado o curso, os promotores dos proxectos que resulten viables e se vaian a pór e funcionamento, entrarán na fase de implantación na que contarán de novo coa asistencia de un titor que lles orientará nos primeiros meses de vida da empresa.
 
Para obter máis información poden chamar o teléfono 981.54.68.23 ou realizar a súa consulta a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 
Temas relacionados:
 
Última actualización ( 19/04/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design