Servizos Europeos (Enterprise Europe Network) PDF
 
O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países.
 
 
Obxectivos:
  • Mellorar a posición das empresas galegas no mercado interior europeo.
  • Incrementar a competitividade das empresas galegas a través do fomento da innovación e a cooperación promovendo sinerxias entre socios.
  • Difundir entre as empresas galegas as oportunidades que ofrece o mercado único europeo e asesoralas naqueles aspectos necesarios para actuar a nivel comunitario.
  • Transmitirlle á Comisión Europea as opinións e os intereses das empresas.
  • Aumentar o número de socios do noroeste español nas propostas de programas europeos e en particular do VII Programa Marco.

Servizos:
  • Información e asistencia a empresas en temas comunitarios: acceso a novos mercados, lexislación, fiscalidade, propiedade intelectual, normas técnicas, normativa da UE, programas comunitarios.
  • Promoción da cooperación empresarial: xestión e difusión de ofertas e demandas comerciais, procura de socios, promoción de encontros empresariais e información sobre mercados europeos.
  • Apoio á transferencia de tecnoloxía: asesoramento en todas as etapas do proceso de transferencia de tecnoloxía - identificación e difusión de oportunidades, asistencia técnica, procura de financiamento-.
  • Apoio á participación en programas europeos. Asesoramento en todas as etapas de elaboración dunha proposta: identificación de ideas, identificación de socios, asistencia técnica e procura de financiamento.

Se a súa empresa está interesada en difundir unha oferta de cooperación, debe enviar ao Igape, a solicitude de cooperación que atopará na ligazón máis abaixo debidamente cuberta, asinada e selada. Para máis información non dubide en contactar con nós e visitar a web do proxecto:

www.galacteaplus.es


 
Casos de éxito: Padreiro, S.L.
 
Last Updated ( Wednesday, 26 September 2012 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design