AVISO: O 20/1/2012 remata o prazo para solicitar os diagnósticos gratuitos
 Durante o ano 2012, o IGAPE poñerá en marcha o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.
Algúns dos servizos previstos son:
-
Diagnóstico: un único servizo de diagnóstico competitivo servirá como punto de entrada preferente para as empresas de máis de 10 traballadores que queiran participar no resto de servizos.
-
Profesionalización, que incluirá, entre outros, servizos como optimización financeira/mellora do circulante, relanzamento comercial ou implementación xestión por procesos.
-
Desenvolvemento estratéxico, que comezará coa construcción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial, e incluirá a titorización da execución dos plans ou a creación de plans e protocolos de empresa familiar.
Unha das principais bases para a asignación correcta de servizos será o Diagnóstico integral de competitividade, que permitirá establecer a situación de partida e obter as primeiras accións a realizar.
7/12/2011: Como experiencia piloto na execución de servizos, o IGAPE oferta a realización de 20 diagnósticos integrais de competitividade de xeito gratuito a PEMES galegas. Ver máis detalles no documento adxunto
Pode solicitar un diagnóstico. Para iso debe:
- Usar o botón "Confección de solicitudes (Cuestionarios)" que hai no enderezo citado (se non é usuario da web do IGAPE pediránselle uns datos básicos):
 (imaxe de exemplo)
(imaxe de exemplo)
(imaxe de exemplo)
Documentación relacionada:
|
|
Última actualización ( 13/01/2012 )
|