|
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de estreitar os seus lazos de colaboración co European Investment Bank (Banco Europeo de Investimentos BEI), mediante a creación dunha oficina de información e asesoramento a empresas. Os interesados nos programas desta entidade poden facer as súas consultas a través do correo electrónico
This email address is being protected from spam bots, you need Javascript enabled to view it
ou pedir información a través do Servizo de Atención Telemática (902 300 903).
Facilitar o achegamento dos empresarios e emprendedores as posibilidades de financemento que oferta o BEI é o obxectivo deste novo servizo do Instituto. O Banco Europeo de Investimentos impulsa o marco de apoio á competitividade a través de novas modalidades de financiamento empresarial recollidas na Iniciativa 2010 de Innovación e nos programas Jaspers, Jeremie, e Jessica. |
|
Last Updated ( Monday, 11 June 2007 )
|