CARGANDO ...



 
Servizos inicio á exportación
Diagnóstico do potencial de internacionalización PDF

Servizo orientado a aquelas empresas galegas sen experiencia ou que se estean iniciando no seu proceso de internacionalización, axudandoas a identificar o seu potencial así como a aquelas, que tendo xa experiencia, precisen apoio para revisar o seu posicionamento internacional decidindo onde medrar e/ou consolidarse, sempre en función das súas capacidades.
 
Última actualización ( 26/12/2011 )
 
Sensibilización e asistencia para conformación de grupos de internacionalización PDF
Asistencia para conformación de grupos de internacionalización
Fortalecer o proceso de internacionalización do tecido empresarial galego, fomentando a creación de agrupacións de internacionalización para abordar de forma conxunta a execución dunha estratexia de negocio internacional, é o obxectivo do novo servizo que o Igape facilitará ás empresas interesadas en buscar aliados para iniciativas ou proxectos no exterior
Última actualización ( 02/04/2012 )
 
Programa Directivos: Plan de internacionalización Igape-Escola de Negocios Novacaixagalicia PDF
Obxectivo: Mediante unha formación bilingüe impartida por profesionais de recoñecido prestixio e baixo a tutorización de consultores cunha dilatada experiencia, os participantes coñecerán as estratexias máis innovadoras para acceder a novos mercados e desenvolverán un plan adaptado as necesidades das súas empresas.
 
Dirixido a: Profesionais en activo cun mínimo de tres anos de experiencia directiva internacional, cun nivel de inglés fluído (o 75% do programa impártese neste idioma) e procedentes de empresas xa introducidas na actividade de importación-exportación que desexen incrementar o seu grao de internacionalización.
Última actualización ( 02/03/2012 )
 
Póliza de seguro de crédito á exportación para pemes (CESCE) PDF
Exportación Galega Póliza de seguro de crédito á exportación para pemes IGAPE-CESCE
 
Ante o elevado custo que supón para as pequenas empresas subscribir un seguro á exportación, o IGAPE chegou a un acordo con CESCE Seguros de Crédito que lles permite ás pemes que realizan as súas primeiras
exportacións contar cunha póliza que asegure o risco de falta de pagamento sen necesidade de facer un importante desembolso previo.
Esta póliza é, polo tanto, unha excelente ferramenta para aquelas empresas que desexen comezar a operar nos mercados internacionais cos menores riscos posibles.
Última actualización ( 26/12/2011 )
 
Observatorio de Internacionalización da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Proxecto ECICII-POCTE PDF

Obxectivo
Por ao alcance de empresarios, traballadores e emprendedores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal información de mercados exteriores, que lles permita atopar oportunidades de negocio en novos mercados, emprendimento e expansión.
 
O observatorio céntrase inicialmente nos sectores obxectivo do proxecto ECICII (agroalimentario, materiais da construción e contract).
 
Última actualización ( 26/12/2011 )
 
Mentoring (proxecto ECICII-POCTEP) PDF

Proceso mediante o cal algún membro dunha empresa con máis experiencia (o mentor) enseña, aconsella, guía e axuda a outro (o mentorizado) no seu desenvolvimento.
 
Última actualización ( 26/12/2011 )
 
Xestores de internacionalización PDF
Base de datos á que poden acceder licenciados ou diplomados universitarios co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información  entre o tecido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado deste tipo.
Última actualización ( 22/05/2012 )
 
Empresas de asistencia técnica para internacionalización PDF
O Igape, a efectos de facilitar á internacionalización da economía galega, dispón de diversos servizos de información e facilitación de acceso a especialistas en comercio exterior en orixe e en destino, como son os servizos de Xestores de Exportación e de Axentes Comerciais Mediadores no Exterior.
Última actualización ( 30/03/2012 )
 
Exportación Galega PDF
Base de datos de empresas exportadoras galegas clasificadas por produto, empresa e país.
Última actualización ( 20/01/2009 )
 
Asistencia personalizada PDF
O Igape, no seu obxectivo constante de achegamento ás empresas galegas, ofrece asistencia personalizada dun técnico sectorial para axudalas a utilizar os mecanismos de apoio dispoñibles para iniciar ou diversificar os seus mercados de exportación, en función de cales sexan as necesidades da empresa e con independencia do seu nivel de internacionalización. Solicite os datos de contacto do seu asistente sectorial correspondente.
Última actualización ( 30/03/2011 )
 
Misións empresariais e participación agrupada en eventos expositivos internacionais PDF
O IGAPE directamente ou en colaboración con outros organismos organiza ou apoia a realización de:
. Participación agrupada en feiras internacionais.
. Misións empresariais.
. Outras accións promocionais de participación agrupada.
 
Última actualización ( 11/04/2012 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design