Competitividade
Programa Re-Acciona PDF
AVISO: O 20/1/2012 remata o prazo para solicitar os diagnósticos gratuitos
Logo Re-AccionaDurante o ano 2012, o IGAPE poñerá  en marcha o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.
Algúns dos servizos previstos son:
  • Diagnóstico: un único servizo de diagnóstico competitivo servirá como punto de entrada preferente para as empresas de máis de 10 traballadores que queiran participar no resto de servizos.
  • Profesionalización, que incluirá, entre outros, servizos como optimización financeira/mellora do circulante, relanzamento comercial ou implementación xestión por procesos.
  • Desenvolvemento estratéxico, que comezará coa construcción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial, e incluirá a titorización da execución dos plans ou a creación de plans e protocolos de empresa familiar.
 
Unha das principais bases para a asignación correcta de servizos será o Diagnóstico integral de competitividade, que permitirá establecer a situación de partida e obter as primeiras accións a realizar.
 
7/12/2011: Como experiencia piloto na execución de servizos, o IGAPE oferta a realización de 20 diagnósticos integrais de competitividade de xeito gratuito a PEMES galegas. Ver máis detalles no documento adxunto
 
Pode solicitar un diagnóstico. Para iso debe:
  • Usar o botón "Confección de solicitudes (Cuestionarios)" que hai no enderezo citado (se non é usuario da web do IGAPE pediránselle uns datos básicos):
 (imaxe de exemplo)
 
  • Identificar a súa empresa:
(imaxe de exemplo)
 
  • Cubrir un formulario da liña "IG190" do 2012:
(imaxe de exemplo)
 
  • Presentalo no IGAPE. 

 

Documentación relacionada:
  •  Convocatoria de prazas para PEMES: 20 experiencias piloto de diagnóstico competitivo.

  • Última actualización ( 13/01/2012 )
     
    Oficina de asesoramento sobre os programas de financiamento empresarial do BEI PDF
    O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de estreitar os seus lazos de colaboración co European Investment Bank (Banco Europeo de Investimentos BEI), mediante a creación dunha oficina de información e asesoramento a empresas. Os interesados nos programas desta entidade poden facer as súas consultas a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver  ou pedir información a través do Servizo de Atención Telemática (902 300 903).
     
    Facilitar o achegamento dos empresarios e emprendedores as posibilidades de financemento que oferta o BEI é o obxectivo deste novo servizo do Instituto. O Banco Europeo de Investimentos impulsa o marco de apoio á competitividade a través de novas modalidades de financiamento empresarial recollidas na Iniciativa 2010 de Innovación e nos programas Jaspers, Jeremie, e Jessica.

    Última actualización ( 11/06/2007 )
     
     
    Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design