Servizos
Programa Re-Acciona PDF
AVISO: Desde o 30/3/2012 xa pode pedir a súa visita de pre-diagnóstico solicitándoo no enderezo  Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 
Logo Re-AccionaO IGAPE está poñendo en marcha o programa "Re-Acciona" de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade. O obxectivo é facer accesibles ás PEMEs servizos de alto valor engadido orientados á adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.
 
Para comezar esta labor, o IGAPE realizará visitas de "pre-diagnóstico" a 1.000 empresas de toda Galicia, co fin de detectar as súas necesidades reais e orientalas cara aos servizos que poidan resultarlles máis útiles.
Esquema do programa (pulse para agrandar a imaxe)
A continuación, co apoio dos mellores especialistas, ofreceranse diferentes servizos para a realización de:
a) Diagnósticos de internacionalización gratuitos para e detectar o potencial de cada peme, de cara á súa implantación nos mercados internacionais máis interesantes para a súa actividade.
b) Diagnósticos integrais de competitividade gratuitos, realizados en estreita colaboración co empresario e o equipo directivo da empresa, para involucralos no proceso de evolución, e que facilitan métodos e ferramentas para establecer a situación da empresa en 44 aspectos clave da súa xestión. Obteranse ademáis unha serie de medidas concretas e priorizadas que se poderán aplicar na empresa de forma inmediata para a mellora dos seus resultados.
c) Ata 10 tipos de servizos avanzados de competitividade a custes moi reducidos para a empresa en dúas áreas:
Servizos avanzados de profesionalización:
1. Optimización financeira e mellora de circulante
2. Profesionalización da produción
3. Relanzamento comercial
4. Control de xestión / xestión por procesos
5. Imaxe e comunicación empresarial
Servizos avanzados para o desenvolvemento estratéxico:
6. Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial
7. Desenvolvemento de plans de acción
8. Plans e protocolos de empresa familiar
9. Idenficación de redes de cooperación e socios
10. Transformación radical do negocio (sobre todo en sectores maduros
 
d) Un programa de bolseiros que integrará 100 mozos especialistas recén titulados nas empresas para reforzar a capacidade das pemes no momento de implantar as melloras  mediante servizos avanzados. Deste modo os participantes neste programa terán a oportunidade de converterse en expertos, recibindo formación teórico-práctica, ao tempo que colaboran na prestación dos servizos.
 
IMPORTANTE: se quere estar ao tanto dos detalles deste programa, subscríbase ao boletín do IGAPE pulsando aquí.
 
Última actualización ( 30/03/2012 )
 
Oficina de asesoramento sobre os programas de financiamento empresarial do BEI PDF
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de estreitar os seus lazos de colaboración co European Investment Bank (Banco Europeo de Investimentos BEI), mediante a creación dunha oficina de información e asesoramento a empresas. Os interesados nos programas desta entidade poden facer as súas consultas a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver  ou pedir información a través do Servizo de Atención Telemática (902 300 903).
 
Facilitar o achegamento dos empresarios e emprendedores as posibilidades de financemento que oferta o BEI é o obxectivo deste novo servizo do Instituto. O Banco Europeo de Investimentos impulsa o marco de apoio á competitividade a través de novas modalidades de financiamento empresarial recollidas na Iniciativa 2010 de Innovación e nos programas Jaspers, Jeremie, e Jessica.

Última actualización ( 11/06/2007 )
 
Esquema Re-Acciona PDF
Última actualización ( 30/03/2012 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design