CARGANDO ...



 
Servizo Licitacións: Oportunidades co Banco Africano de Desenvolvemento (Proxecto ECICII POCTEP) PDF
Dentro das actividades de servizo integral á internacionalización dentro do Proxecto ECICII, o IGAPE pon a disposición da empresas da Eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal, unha iniciativa, que se organiza a través do servizo SALT que presta a Confederación de Empresarios de Galicia. A devandita actividade está financiada polo IGAPE.

É unha Xornada de Oportunidades de Negocio co BAD- Banco Africano de Desenvolvemento, na que se desprazarán dous responsables do devandito Banco e onde as empresas da Eurorrexión terán a oportunidade de obter información de primeira man e de realizar un interesante networking.
 
Last Updated ( Thursday, 18 April 2013 )
Read more...
 
Xestores de internacionalización PDF
 
Base de datos á que poden acceder licenciados ou diplomados universitarios co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información  entre o tecido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado deste tipo.
 
Last Updated ( Friday, 09 November 2012 )
Read more...
 
Diagnóstico do potencial de internacionalización PDF

Servizo orientado a aquelas empresas galegas sen experiencia ou que se estean iniciando no seu proceso de internacionalización, axudandoas a identificar o seu potencial así como a aquelas, que tendo xa experiencia, precisen apoio para revisar o seu posicionamento internacional decidindo onde medrar e/ou consolidarse, sempre en función das súas capacidades.
 
Last Updated ( Wednesday, 02 January 2013 )
Read more...
 
Misións empresariais e participación agrupada en eventos expositivos internacionais PDF
 
O IGAPE directamente ou en colaboración con outros organismos organiza ou apoia a realización de:

. Participación agrupada en feiras internacionais.
. Misións empresariais.
. Outras accións promocionais de participación agrupada.
Last Updated ( Thursday, 18 April 2013 )
Read more...
 
Grupos de Exportación Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Proxecto ECICII-POCTEP) PDF
 
O servizo pretende fortalecer o proceso de internacionalización do tecido empresarial da Eurorrexión, fomentando a  creación de grupos de exportación  que permitan abordar de forma conxunta a execución dunha estratexia de negocio internacional e o intercambio de experiencias e sinerxias que permitan un acceso máis eficiente aos mercados exteriores.      
 
Comunicación do interese en cooperar

As empresas interesadas en cooperar con outras empresas da Eurorrexión  para abordar ou implantarse en mercados exteriores poden comunicalo ao Igape para que as poña en contacto con outros empresarios interesados nos mesmos mercados.

Para inscribirse,  acceda á opción de solicitude de servizos de internacionalización, e no campo de descrición do servizo indique “interese en cooperar con outras empresas” así como o tipo de cooperación desexada, e no campo países aos que se refire o servizo indique o país ou países nos que está interesado en cooperar.

Last Updated ( Thursday, 18 April 2013 )
Read more...
 
Estructura conxunta de apoio á internacionalización. PDF
Co obxectivo de impulsar a internacionalización das Pemes da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e promover o investimento de empresas extranxeiras na Eurorrexión, están en marcha unha serie de servizos que se desenvolven no marco do Proxecto ECICII, pertencente ao Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e financiado con fondos FEDER da UE. (www.ecicii.es):
 
-          Servizos de información e apoio para a saída a mercados exteriores de empresas da Eurorrexión: asesoramento personalizado durante o proceso de internacionalización, detección de oportunidades de negocio, asistencia para a conformación de grupos de exportación, servizo de mentoring (http://mentoring.ecicii.com), licitacións internacionais, eventos comerciais, etc.
 
-          Servizos de información e apoio para o investidor extranxeiro: información sobre o mercado e oportunidades de negocio na Eurorrexión, razóns para investir na mesma (http://invest.ecicii.com), asesoramento e apoio para a implantación, información sobre solo industrial, misións inversas,  entre outros.
 
 
Comunicación do interese en participar:
Contacto
Mª Carmen Vilariño, Técnico do Proxecto ECICII.
This email address is being protected from spam bots, you need Javascript enabled to view it
881 999 828  
Last Updated ( Friday, 11 January 2013 )
 
Exportación Galega PDF
 
Base de datos de empresas exportadoras galegas clasificadas por produto, empresa e país.
 
Last Updated ( Wednesday, 26 September 2012 )
Read more...
 
Observatorio de Internacionalización da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal -Proxecto ECICII-POCTE PDF

Obxectivo
Por ao alcance de empresarios, traballadores e emprendedores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal información de mercados exteriores, que lles permita atopar oportunidades de negocio en novos mercados, emprendimento e expansión.
 
O observatorio céntrase inicialmente nos sectores obxectivo do proxecto ECICII (agroalimentario, materiais da construción e contract).
 
Last Updated ( Wednesday, 26 September 2012 )
Read more...
 
<< Start < Prev 1 2 Next > End >>

Results 1 - 12 of 13
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design