Servizos
Asistencia personalizada PDF
O Igape, no seu obxectivo constante de achegamento ás empresas galegas, ofrece asistencia personalizada dun técnico sectorial para axudalas a utilizar os mecanismos de apoio dispoñibles para iniciar ou diversificar os seus mercados de exportación, en función de cales sexan as necesidades da empresa e con independencia do seu nivel de internacionalización. Solicite os datos de contacto do seu asistente sectorial correspondente.
Última actualización ( 22/12/2008 )
 
Servizos Europeos (Enterprise Europe Network) PDF
O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países.
Última actualización ( 11/06/2010 )
 
Exportación Galega PDF
Base de datos de empresas exportadoras galegas clasificadas por produto, empresa e país.
Última actualización ( 20/01/2009 )
 
Xestores de exportación PDF
Base de datos á que poden acceder licenciados ou diplomados universitarios co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información  entre o tecido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado deste tipo.
Última actualización ( 31/03/2010 )
 
Export Galicia PDF
Última actualización ( 22/12/2008 )
 
Oportunidades de negocio e cooperación PDF
Base de datos de oportunidades de negocio detectadas pola rede exterior do Igape, e servizo de información adicional e apoio na posta en contacto.
Última actualización ( 26/03/2009 )
 
Interpretación telefónica simultánea PDF
O Servizo de interpretación telefónica simultánea do IGAPE posibilita ás empresas galegas comunicarse co exterior sen a barreira dos idiomas.
Última actualización ( 25/03/2008 )
 
Misións, feiras e outras accións promocionais de participación agrupada organizadas polo Igape PDF
A través das súas oficinas no exterior, o Igape organiza a participación agrupada de empresas galegas nunha serie de feiras internacionais que se celebran principalmente nos países onde o instituto dispón de centros de promoción de negocios (CPN).
Última actualización ( 28/05/2010 )
 
Licitacións Internacionais PDF
Última actualización ( 18/05/2010 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design